24.5.19

LEDICIA COSTAS II


O alumnado de 1º ESO B conta como foi o encontro con Ledicia Costas

 Á última hora do xoves veu Ledicia Costas, a escritora de varias obras galegas, para darnos unha charla sobre os seus libros e a aclararnos as dúbidas. Ledicia comezou comentándonos algunhas anécdotas que lle sucederon cando foi a outros centros. Dende que os/as nenos/as traían na man un libro que non era seu para que llelo asinase ata que lle dixeron que aparecía na Wikipedia como xogadora de Fortnite. Logo comezaron as preguntas, encabezadas por Ainhoa, unha alumna de 2º ESO B, que preguntou sobre o libro O corazón de Xúpiter. Despois de responderlle, seguiu preguntando máis alumnado. Case ao rematar contou que Vincent, unha personaxe de A señorita Bubble, está baseado nun coñecido seu que ten problemas de corazón. Tamén nos comentou que se avergoña dunha obra que escribiu cando tiña dezaseis anos. 
JUAN GÓMEZ

O vinte e tres de maio de 2019, o alumnado do IES San Mamede recibiu no salón Rosalía de Castro á escritora galega Ledicia Costas. Contou historias que lle pasaron noutros colexios, como cando uns nenos pensaron que era Rosalía de Castro, cando a confundiron cun escritor chamado Roberto ou cando lle cambiaron o nome por Esmeraldina ou Escarlatina. Máis tarde, houbo unha rolda de preguntas nas que algúns/algunhas alumnos/alumnas preguntaron por distintos libros dela como O corazón de Xúpiter, A señorita Bubble ou Escarlatina, a cociñeira defunta. Ao rematar a rolda de preguntas e para finalizar o encontro, Ledicia Costas asinou algúns libros. 
ALBA  FERNÁNDEZ

A escritora Ledicia Costas estivo no noso centro, o  IES San Mamede, no salón Rosalía de Castro onte á última hora. En primeiro lugar foi presentada por dúas compañeiras de 3º ESO, despois contou anécdotas que lle sucederon en centros que visitou, tamén historias que lle inspiraron para escribir os libros que me fixeron saber que os libros que publicou teñen relación con esas historias. Por último, despediuse, pero antes respondeu ás preguntas do alumnado. 
PABLO GONZÁLEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario