Tras a lectura de Chamádeme Simbad e O ceo dos afogados, Francisco Castro visitou o noso centro e compartiu a súa experiencia como escritor co alumnado de 1º e 2º ESO.
Hoxe, Fran Alonso visitou o noso centro. O escritor falou das obras Cartas de amor e Cemiterio de elefantes co alumnado de 3º e 4º ESO e recitou poemas de Cidades e Poetízate ao alumnado de 2º ESO e 2º BAC. Ao finalizar, asinou amablemente exemplares dos seus libros.
Como tarefa previa á visita, o alumnado de 2º ESO compuxo poemas inspirados na obra Cidades do autor baixo o título de Aldeas e vilas.
O escritor Francisco Castro visitou o noso centro. Compartiu co alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO unha interesante charla na que falou sobre as obras lidas neste trimestre: Chamádeme Simbad, O ceo dos afogados e Un bosque cheo de faias.
Hoxe recibimos a visita no noso centro de Anxo Fariña. O autor-ilustrador explicou como crear unha historia; realizou divertidas ilustracións e mantivo un interesante coloquio co alumnado de 1º ESO. Anteriormente recibiran como agasallo o libro Os Megatoxos e a espada Esmeralda pertencente á colección Os Megatoxos. O libro converteuse na lectura obrigatoria do 1º trimestre e espertou un grande interese no alumnado. Crearon, ademais, vistosos marcapáxinas inspirados na obra lida. A actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración con A Nosa Terra.