24.2.16

ROSALÍA SEMPRE

Celebramos conxuntamente o Día da Lingua Materna (21 de febreiro) e o Día de Rosalía (24 de febreiro) cun recitado de poemas da autora.


14.2.16

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE



Na actualidade, a mocidade utiliza o teléfono móbil fundamentalmente para navegar pola rede, conectarse ás redes sociais e manter conversacións mediante chats de mensaxería instantánea.  A lingua galega tamén quere conquistar estes novos espazos, de aí que propuxeramos ao alumnado de 1º e 2º ESO a redacción dunha breve mensaxe de amizade para despois publicar no seu estado de whatsapp.