25.11.14

DÍA LARANXA

No ano 2008, o secretariado Xeral das Nacións Unidas puxo en marcha a campaña ÚNETE para poñer fin á violencia contra as mulleres e as nenas. En xullo do ano pasado proclamou o día 25 de cada mes como o Día Laranxa. Nesta ocasión, invítanos a sumarnos á campaña coa organización dende o 25 de novembro ata o 10 de decembro de "Eventos Laranxa". Nós quixemos participar vestindo unha peza de roupa ou levando un accesorio de cor laranxa, velaí a nosa pequena contribución.

20.11.14

"MATRIARCAS"

Queremos que visionedes o vídeo musical "Matriarcas",  un tema do álbum Lúas de outubro e agosto de Guadi Galego que sairá á venda o 25 de novembro. Que mellor maneira de conmemorar este día que rendendo homenaxe  ás MULLERES!!! Tedes  información sobre o disco no artigo de Carme Vidal publicado en Sermos Galiza

Ademais, o vídeo vén con sorpresa, fixádevos ben nas mulleres que aparecen. 

11.11.14

OLLOS DE AULA Nº17


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística envíanos unha nova entrega da revista Ollos de aula, nela dinnos: "analízanse as consecuencias negativas que para o galego ten o Decreto do Plurilingüismo 4 anos despois da súa aprobación e non  esquecen a grande estafa en que se está a converter a Política Lingüística oficial. Ademais, a orientadora Mª Dolores González Piñeiro fala de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia Santorum anima, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín".