18.5.16

TRÍPTICO MANUEL MARÍA

O alumnado de 4º ESO confeccionou un tríptico do autor homenaxeado nas Letras 2016. Preme no enlace e poderás ver un exemplo.


17.5.16

RECITADO POÉTICO

O alumnado de 4º ESO recita  poemas de  Manuel María.






"ANDO A PEDIRLLE Á VIDA"
LUCÍA GONZÁLEZ IGLESIAS


"A FALA"
EMMA FARIÑAS CABO

LIÑA DO TEMPO SOBRE MANUEL MARÍA

O alumnado de 3º ESO B creou liñas do tempo arredor da vida e obra de Manuel María. Velaquí vos propoñemos as das alumnas Antía Martínez e María Ramos. Premede na imaxe e poderedes acceder aos datos do autor. 

ANTÍA MARTÍNEZ


MARÍA RAMOS

8.5.16

LECTURA DRAMATIZADA

O alumnado de 1º ESO fixo a lectura dramatizada da peza teatral de Manuel María titulada Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.


4.5.16

CORRELINGUA




Chega o Correlingua a Ourense. Este curso baixo o lema "O galego está en nós". Coma noutras ocasións, asistimos no Auditorio á lectura do manifesto, á proxección do vídeo gañador do concurso, e ás actuacións musicais de compañeiros e compañeiras doutros centros de ensino. Participamos na andaina pola lingua percorrendo o traxecto que separa o Auditorio da Praza Maior. Alí rematamos co concurso de pancartas e participamos nas actividades organizadas polo alumnado do TAFAD do CIFP A Farixa. 

1.5.16

MES DAS LETRAS




No mes das Letras comezamos a publicar as actividades que fomos realizando ao longo do curso para homenaxear a Manuel María. 
Empezamos amosándovos o cartel deseñado por Uxía Oviedo de Dios, alumna de 4º ESO.