15.3.13
10.3.13
8 DE MARZO
O alumnado de 1º ESO, inspirándose en O diario violeta de Carlota, confeccionou unhas lentes violetas para mellorar a visión da sociedade. Coma Carlota, a protagonista deste libro, invítannos a ver o mundo cunha ollada de cor violeta, unha ollada feminista que nos permita vivir nunha sociedade igualitaria, non discriminatoria e xusta.
"Para que nos axudedes a poñer moitas lentes violetas"
Podedes atopar comentarios sobre O diario violeta de Carlota no blog da editorial Galaxia. Premede no enlace para acceder a eles.
Etiquetas:
conmemoración,
feminismo,
igualdade,
muller
ENTREGA PREMIOS
O día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, asistimos á entrega de premios do I Certame de Literatura Feminista. O certame celebrouse na Casa da Cultura de Xinzo de Limia e alí acudiron as compañeiras seleccionadas acompañadas das súas familias. Parabéns a todas elas.
Etiquetas:
certame,
concurso,
feminismo,
María Balteira,
premios
8.3.13
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe, Día Internacional da Muller, asistiremos á entrega de premios do I Certame de Literatura Feminista organizado pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da Comarca de Allariz-A Limia. O concurso pretende concienciar, coa colaboración dos institutos e dos Equipos de Normalización Lingüística, da importancia do problema da vixencia do machismo na sociedade actual.
As alumnas seleccionadas polo centro na categoría de ESO (1º, 2º, 3º) foron Alba González González (poesía) e Andrea Cid López (relato) e na categoría de 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos: María Losada González (poesía) e Érika Novoa Conde (relato).
Etiquetas:
certame,
concurso,
feminismo,
María Balteira
4.3.13
OLLOS DE AULA. Nº 5
Chega o nº 5 da revista Ollos de aula con propostas tan interesantes como: "Cinco claves para entender o plurilingüismo", do catedrático José Manuel Vez; "Da lingua", sección que salienta a necesidade de avaliarmos a competencia lingüística en galego ou as propostas de lectura, música e excursións de Gracia Santórum.
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)