Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

25.11.22

EFECTO BOLBORETA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 


Para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 1º ESO, apoiado polo profesorado titor, confeccionou unha bolboreta en distintos tamaños e materiais coa que dar visibilidade ás accións que poden realizar para xerar un cambio na súa contorna.


1.12.21

ESTRELAS 25N

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 1° FPB, 1° ESO, 4° ESO e a profesora Esther González Collazo puxeron en práctica a técnica de ōrigami para facer unhas estrelas modulares como homenaxe ás vítimas. 

Cada estrela está composta por cinco puntas, cada unha das cales foi pregada varias veces ata conseguir a figura desexada. Unha vez feitas as puntas, uníronse por medio de pequenos petos e pestanas sen usar nin adhesivo nin pegamento. Nesta arte de orixe nipoa, o único material permitido é o papel.

Agora que se achega o Nadal, podedes probar a facelas usando papeis de diferentes cores. Premede na ligazón se queredes practicar!

 Papiroflexia e matemáticas

A papiroflexia, que podemos considerar como unha arte, unha ciencia e un entretemento, ten unha grande importancia na aprendizaxe das matemáticas. A beleza da papiroflexia está na súa simple xeometría. En cada anaco de papel hai patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten á folla chegar a ter variadas e interesantes formas.

Grazas á papiroflexia, pódense realizar, cun material tan accesible como o papel, figuras que serven para explicar conceptos matemáticos: desde pregos sinxelos para explicar proporcións e ángulos a outros máis complexos para entender superficies tridimensionais como o paraboloide hiperbólico. Anoando sinxelamente unha tira de papel conseguimos facer un pentágono e unindo varias pezas de papel pregadas de maneira idéntica podemos chegar a construír calquera dos cinco poliedros regulares.

 



25.11.18

25 NOVEMBRO

1º BAC.

O alumnado de 1º BAC. quere destacar a mulleres de diferentes ámbitos que polo seu traballo son un modelo para moitas persoas. 

25 NOVEMBRO



Cartel confeccionado polo alumnado de 1º e 2º ESO


Xela volveuse vampira!
Autora: Fina Casalderrey
Ilustradora: Noemí López Vázquez
Editorial: Baía Edicións
Infantil-Xuvenil, 2007
Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do ano. 
        

25.11.16

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER












O alumnado de 4º ESO A quere compartir os carteis que confeccionou para conmemorar o 25N e rexeitar calquera tipo de violencia contra a muller:

ASASINATOS
AGRESIÓN FÍSICA
VIOLACIÓN
ABUSO SEXUAL
AMEAZAS
BERROS
INSULTOS
ACOSO
HUMILLACIÓNS
VEXACIÓNS
DESPREZOS
CHANTAXE EMOCIONAL
MENOSPREZO
HUMOR SEXISTA
CONTROL
PUBLICIDADE SEXISTA
DOMINACIÓN
ANULACIÓN
LINGUAXE SEXISTA