13.4.10

VISITA DIDÁCTICA A CELANOVA


Hoxe, as alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO, fixemos unha visita a Celanova. Alí, guiados por Paula, coñecemos a Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Rosendo e a biblioteca do IES de Celanova. Fixemos parte da ruta currosiana, detivémonos en Penalta e en Einibó, onde lemos os poemas de Curros: "O gaiteiro de Penalta" e "Unha voda en Einibó". Xantamos en Celanova e, pola tarde, achegámonos a ver a Virxe do Cristal e Vilanova dos Infantes. Nesta vila detivémonos diante da casa de Méndez Ferrín e visitamos o Centro Comarcal. Ao longo de todo o percorrido lemos distintos poemas de Curros, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín.

7.4.10

VISITA DE FRANCISCO CASTRO


O escritor Francisco Castro visitou o noso centro. Compartiu co alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO unha interesante charla na que falou sobre as obras lidas neste trimestre: Chamádeme Simbad, O ceo dos afogados e Un bosque cheo de faias.