20.12.21

REFRANEIRO DE NADAL

 

ÁRBORE DOS DEREITOS HUMANOS

O alumnado de 1º ESO felicita o Nadal a toda a comunidade educativa cunha postal coa que queren  invitar a exercer os dereitos humanos, particularmente o dereito a unha educación de calidade.

10.12.21

ALFABETOS DOS DEREITOS HUMANOS


 

Velaquí os alfabetos confeccionados polo alumnado de 1º ESO despois de traballar os dereitos humanos e vocabulario relacionado co tema.

1.12.21

ESTRELAS 25N

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 1° FPB, 1° ESO, 4° ESO e a profesora Esther González Collazo puxeron en práctica a técnica de ōrigami para facer unhas estrelas modulares como homenaxe ás vítimas. 

Cada estrela está composta por cinco puntas, cada unha das cales foi pregada varias veces ata conseguir a figura desexada. Unha vez feitas as puntas, uníronse por medio de pequenos petos e pestanas sen usar nin adhesivo nin pegamento. Nesta arte de orixe nipoa, o único material permitido é o papel.

Agora que se achega o Nadal, podedes probar a facelas usando papeis de diferentes cores. Premede na ligazón se queredes practicar!

 Papiroflexia e matemáticas

A papiroflexia, que podemos considerar como unha arte, unha ciencia e un entretemento, ten unha grande importancia na aprendizaxe das matemáticas. A beleza da papiroflexia está na súa simple xeometría. En cada anaco de papel hai patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten á folla chegar a ter variadas e interesantes formas.

Grazas á papiroflexia, pódense realizar, cun material tan accesible como o papel, figuras que serven para explicar conceptos matemáticos: desde pregos sinxelos para explicar proporcións e ángulos a outros máis complexos para entender superficies tridimensionais como o paraboloide hiperbólico. Anoando sinxelamente unha tira de papel conseguimos facer un pentágono e unindo varias pezas de papel pregadas de maneira idéntica podemos chegar a construír calquera dos cinco poliedros regulares.