Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso. Amosar todas as publicacións

23.4.26

DÍA DO LIBRO

 

Co gallo do Día do Libro publicamos as producións realizadas polo alumnado de 1º e 4º ESO. 


Poemas inspirados na obra O meu gato é un poeta




Relatos que imitan as Cousas de Castelao


21.3.22

DÍA DA POESÍA

No Día da Poesía, o alumnado de 1º ESO recita composicións de Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso.




8.6.15

O MEU GATO É UN POETA

 
O alumnado de 1º ESO A recita algúns dos poemas da obra O meu gato é un poeta de Fran Alonso.
 
  





22.3.12

FRAN ALONSO VISITA O NOSO CENTRO


Hoxe, Fran Alonso visitou o noso centro. O escritor falou das obras Cartas de amor e Cemiterio de elefantes co alumnado de 3º e 4º ESO e recitou poemas  de Cidades e Poetízate ao alumnado de 2º ESO e 2º BAC. Ao finalizar, asinou amablemente exemplares dos seus libros.




Como tarefa previa á visita, o alumnado de 2º ESO compuxo poemas inspirados na obra Cidades do autor baixo o título de Aldeas e vilas. 

A MIÑA VILA

Na miña vila
extensa,
alongada,
con camiños que soben e baixan
e baixan e soben a outros camiños,
os coches son traballadores,
activos e revoltosos,
e deixan tras de si un ronsel de fume.
Os coches son coma cans soltos,
coma leóns famentos e enérxicos,
e observalos
prodúceme unha alegría animal
que non podo conter.

Laura Pérez Cid