Amosando publicacións coa etiqueta postais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta postais. Amosar todas as publicacións

19.12.25

NADAL E INFANCIA

O alumnado de 1º ESO felicita o Nadal, lembra os dereitos recollidos na Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos da Infancia e amosa o seu desexo de que este compromiso entre países sexa real.
 
 



 

20.12.18

POSTAIS DE NADAL


1º/2º ESO
       
ANDREA. 1º ESO


ALBA. 1º ESO


NIURKA. 2º ESO

O alumnado de 1º e 2º ESO confeccionou unha postal de Nadal que contén unha imaxe realizada coa ferramenta de debuxo de LibreOffice Writer e a recomendación dunha obra literaria. 

19.12.13

NADAL LITERARIO

No mes de decembro chegan as tradicionais tarxetas de Nadal do alumnado de 1º ESO. Desta vez, obséquiannos cunha felicitación literaria. Como xa é tradición, as mellores serán premiadas cun agasallo e un diploma.  Mañá daremos a coñecer as postais gañadoras. Sorte!!!


21.12.12

PREMIOS NADAL GASTRONÓMICO



Alumnas gañadoras no concurso de Tarxetas de Nadal:
  • Helena Losada González. 1º ESO A
  • Iria Carrera Doval. 1º ESO B
  • Carmen Rivas Vázquez. 1º ESO C

20.12.12

NADAL GASTRONÓMICO


Coma os últimos anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou o concurso de Tarxetas de Nadal que, nesta ocasión, xira  arredor de pratos e sobremesas típicos desta época. O alumnado de 1º ESO confeccionou postais que incluían unha receita e unha ilustración do prato.  Os gañadores do concurso  recibirán un agasallo e un diploma na entrega de premios que se celebrará mañá. 

O EDLG DESÉXAVOS BOAS FESTAS!