O alumnado de 1º e 2º ESO confeccionou unha postal de Nadal que contén unha imaxe realizada coa ferramenta de debuxo de LibreOffice Writer e a recomendación dunha obra literaria.
Autora: Fina Casalderrey Ilustradora: Noemí López Vázquez Editorial: Baía Edicións Infantil-Xuvenil, 2007 Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do ano.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponvos unha selección de libros, cómics e películas de medo, terror ou fantasía. Achegádevos á biblioteca e botádelles unha ollada.
O EDLG do IES San Mamede súmase, nun traballo coordinado con outros centros educativos da provincia, a unha campaña de fomento do uso do galego. A campaña, co alumnado como axente normalizador, consiste na distribución e pegado de adhesivos nos distintos establecementos comerciais de Maceda. Complétase a actividade con adhesivos de menor tamaño para o alumnado e profesorado do centro.
Alumnado premiado na categoría de 6º de Educación Primaria nas modalidades de relato curto e poesía: Juan Gómez Vázquez. CEIP MACEDA Alba Fernández Gómez. CEIP MACEDA
Alumnas premiadas na categoría de ESO nas modalidades de recomendación literaria, poesía, cómic e relato curto. Uxía Lage Fernandes e Ainara López Conde. 1º ESO Paula Alonso Landesa. 2º ESO A Eva Alonso González. 2º ESO B Ana Cid Seguín e Mª Lourdes Freixo Ovalle. 3º ESO Noela Saa Crespo. 4º ESO
O alumnado do IES San Mamede súmase á homenaxe á figura de Mª Victoria Moreno lendo, comentando e realizando diversas producións arredor das obras Leonardo e os fontaneiros, Guedellas de seda e liño e Anagnórise. Así mesmo, o alumnado de 4º ESO realizou un traballo de investigación consultando a obra A voz insurrecta (2018) de Monste Penas Presas. Este traballo foi dado a coñecer a través dun tríptico que se expuxo no taboleiro do Equipo e ao que tamén se pode acceder a través dos blogs individuais do alumnado.
O venres 11 de maio, o alumnado de 1º ESO participou no Correlingua, un acto público que ten como obxectivos: propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar accións a prol dela; sensibilizar á sociedade a través da poboación infantil e moza da importancia da defensa da lingua; asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares; contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo.
Hoxe, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e para celebralo o alumnado de 2º ESO compuxo poemas inspirándose nas obras Penúltimas tendencias e Makinaria de Carlos Negro.
Para conmemorar o Día de Rosalía, Uxía Oviedo de Dios, alumna de 2º BAC., realizou un deseño coa imaxe da autora para a confección dun cartel. Por outra banda, o alumnado de 1º ESO B e
2º ESO recitou os poemas "Negra sombra" e "Campanas de
Bastabales".
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao alumnado a
conmemoración do Día Escolar da Non-violencia e a Paz con diferentes
actividades. Sabemos que a educación na paz non é labor dun día, senón un
camiño que debemos percorrer a diario, por iso aproveitamos a data para
reflexionar sobre os principios que deben guiar a convivencia na escola.