19.12.14

ENTREGA PREMIOS

Velaquí o alumnado galardoado no Concurso de Tarxetas de Nadal e Cómics 2014.





-DIEGO RODRÍGUEZ PEÑA, NOEMÍ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, ERIK DOS SANTOS FERNÁNDEZ, MARTA PERNAS DE DIOS (1º ESO).

-SANDRA FERNÁNDEZ SUÁREZ, GEMMA CID FERREIRO (2º ESO).

3.12.14

OLLOS DE AULA Nº 18

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística fainos chegar o derradeiro número do ano. Nesta entrega, "Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta".



 

25.11.14

DÍA LARANXA

No ano 2008, o secretariado Xeral das Nacións Unidas puxo en marcha a campaña ÚNETE para poñer fin á violencia contra as mulleres e as nenas. En xullo do ano pasado proclamou o día 25 de cada mes como o Día Laranxa. Nesta ocasión, invítanos a sumarnos á campaña coa organización dende o 25 de novembro ata o 10 de decembro de "Eventos Laranxa". Nós quixemos participar vestindo unha peza de roupa ou levando un accesorio de cor laranxa, velaí a nosa pequena contribución.

20.11.14

"MATRIARCAS"

Queremos que visionedes o vídeo musical "Matriarcas",  un tema do álbum Lúas de outubro e agosto de Guadi Galego que sairá á venda o 25 de novembro. Que mellor maneira de conmemorar este día que rendendo homenaxe  ás MULLERES!!! Tedes  información sobre o disco no artigo de Carme Vidal publicado en Sermos Galiza

Ademais, o vídeo vén con sorpresa, fixádevos ben nas mulleres que aparecen. 

11.11.14

OLLOS DE AULA Nº17


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística envíanos unha nova entrega da revista Ollos de aula, nela dinnos: "analízanse as consecuencias negativas que para o galego ten o Decreto do Plurilingüismo 4 anos despois da súa aprobación e non  esquecen a grande estafa en que se está a converter a Política Lingüística oficial. Ademais, a orientadora Mª Dolores González Piñeiro fala de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia Santorum anima, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín".

31.10.14

DICIONARIO MONSTRUOSO E TERRORÍFICO


Chega o Samaín e o alumnado de 1º ESO quere compartir o seu dicionario monstruoso e terrorífico, unha recompilación de palabras de medo coas que ha confeccionar un relato.


ALUMNADO DE 1º ESO A

9.10.14

OLLOS DE AULA Nº 16


Achegámosvos un novo número da revista Ollos de aula da Coordinadora Galega de ENDL destinada ás familias do alumnado. Neste número "Mª Montserrat Carrasco Rodríguez, profesora de CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo nos nenos/as, mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi interesante para introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita as atractivas propostas lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas Cadencias".


25.9.14

BENVIDA

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos darvos a benvida ao curso 2014/2015, e que mellor maneira de facelo que compartindo esta fotografía que nos fixo chegar unha compañeira. Sabedes ata onde viaxou
o cartel Aberto/ Pechado que fixemos o curso pasado? Fixádevos!



27.6.14

"SOBRE A FALA"

Despedímonos ata setembro coa voz de Manuel María recitando o poema "Sobre a fala".

16.6.14

CARTEIS ABERTO/PECHADO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxo en marcha unha nova campaña para o uso normalizado do galego no ámbito do comercio local. Nesta ocasión, confeccionamos un cartel coas palabras aberto/pechado que o alumnado do centro se encargou de levar aos distintos negocios do concello de Maceda e tamén da contorna.


12.6.14

VACACIÓNS DE CINE




O EDLG despide o trimestre cunha proposta de cine en galego realizada en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar. Animádevos, vide pola biblioteca e levade algunha película para ver no verán. Felices vacacións de cine. 

6.6.14

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

No Día Internacional do Medio Ambiente, a produtora de cine de animación stop motion Algarabía Animación presenta unha peza animada con música de Gastón Rodríguez e deseño de Micho da ilustradora Lucía Gómez.
  




5.6.14

PREMIOS CONCURSO JOÃO DE NÓVOA


1ª CATEGORÍA

2ª/3ª CATEGORÍA


Alumnado premiado nas distintas categorías e modalidades do VII Concurso João de Nóvoa. Parabéns a todas e todos. 


1ª CATEGORÍA (6º PRIMARIA)

Poesía

"Unha nova experiencia" Aldara González Capelo (CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio).

Relato

"Se todo seguise sendo un soño" Diego Rodríguez Peña (CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio).

2ª CATEGORÍA (1º/2º ESO)

Poesía

“Mordín o polvo” Uxía Oviedo de Dios (2º ESO A).  

Relato

1º PREMIO:  “Nunca deas nada por perdido” Helena Losada González (2º ESO A) 
2º PREMIO:  “Un lazo eterno” Estela Expósito Salgado (2º ESO A). 

Curtametraxe

“Nun abrir e pechar de ollos”

Lorena Domínguez Navarro, Estela Expósito Salgado, Nieves Basalo González, Lucía González Iglesias, Helena Losada González, Emma Fariñas Cabo, Uxía Oviedo de Dios, Sergio Domínguez Navarro, Daniel Martínez Quintas, Christopher Gómez Seijas, Adrián Garrido Otero, David Hermida Diéguez.



3ª CATEGORÍA (3º/4º ESO/PCPI)

Poesía

“A volta ao fogar” Cristina Otero Mangana (4º ESO B).

Relato

“Xamais esquecerei aquel día” Antía Núñez Barrio (3º ESO B). 


25.5.14

RECITADO PÓETICO XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Continuamos coa celebración do mes das Letras co recitado poético que da obra Nimbos preparou o alumnado de 4º ESO. Para acompañar a lectura dos poemas contamos co acompañamento instrumental de Carla Lamas. 

14.5.14

CORRELINGUA

Baixo o lema "Galego, o paso adiante" chegou a tradicional carreira a prol da lingua  a Ourense e a outras once localidades galegas. O alumnado de 1º ESO participou con dúas pancartas nesta proposta que todos os anos se converte nun acto festivo para reivindicar, como din na páxina web do Correlingua,  o dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro".


8.5.14

OLLOS DE AULA Nº15

Achegamos ás famillias do alumnado o número 15 da revista Ollos de aula. 



7.5.14

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


MES DAS LETRAS

Comeza o mes das Letras e con el as celebracións arredor de Xosé María Díaz Castro, por iso queremos achegarvos algunhas páxinas e interesantes traballos que se están a publicar sobre o poeta. Comezamos divulgando un documental dirixido por Xulio Xiz, gravado en 1987 e remasterizado no 2014.


6.5.14

OLLOS DE AULA. Nº 14

A CGENDL publica un novo número da revista Ollos de aula con interesantes contidos para ás familias do alumnado.


23.4.14

DÍA DO LIBRO

Conmemoramos o  Día  do  Libro  coa  presentación  dunha  escolma de vídeos realizados polo alumnado de 4ª ESO para promocionar autores/as e obras da nosa literatura e tamén traducións á nosa lingua.



Ámote Leo. Destino Xalundes. Rosa Aneiros
Rocío García Mojón



O neno do pixama a raias. John Boyne
Sara Garrido Parada



Pel de lobo. Xosé Miranda
Edei Otero Conde



O pintor do sombreiro de malvas. Marcos Calveiro
Madalina Mihaela Culitá 


22.4.14

ENCONTROS CON AUTORES


Durante este curso escolar o EDLG colaborou co Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar na promoción e dinamización da lingua participando nos clubs de  lectura, nos encontros con autores e nas Tertulias literarias. Visitaron o noso centro: Manuel Núñez Singala, Marcos Calveiro e Ramón Carredano; e asistimos, xunto con outros centros da provincia, aos faladoiros literarios con Santiago Lopo e Manuel Portas. 



11.3.14

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Preme no enlace se queres saber algo máis sobre a historia deste día. 

9.3.14

CONTADAS

Tras a lectura e análise de Contos de medo do museo e como paso previo á visita ao Museo Provincial de Lugo, o alumnado de 2º ESO agrupado en equipos realizou a contada dun dos relatos do libro. Velaquí unha pequena mostra: 



7.3.14

POETAS GALEGAS

Asistimos ao I Recitado poético de autoras galegas que este ano organizamos  para conmemorar o Día Internacional da Muller. O alumnado de 2º ESO C participou neste festexo coa lectura de poemas na biblioteca do centro. 



2.3.14

OLLOS DE AULA Nº13

Chega o número 13 correspondente aos meses de marzo e abril de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Que contidos nos achega? Segundo a CGENDL,  unha colaboración de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, sobre o papel que deben asumir nais e pais na adquisión dos hábitos lectores dos seus fillos e fillas; unha nova "palabra do ensino" da man de Lines Salgado: as adaptacións curriculares; e as interesantes propostas de lecer de Gracia Santorum. E algo máis? Pois si, non esquecemos a importancia do almorzo para o desenvolvemento dos nenos e nenas e para o seu rendemento escolar. E, para rematar, un desexo: gocemos da primavera e o sol vestindo con autoestima, elegancia e estilo a mellor das nosas roupas, a lingua e a cultura galegas.


24.2.14

RECITANDO A ROSALÍA

Para celebrar o Día de Rosalía, alumnos e alumnas de 2º ESO C participaron na lectura de poemas da autora na biblioteca do centro. 





18.2.14

TODAS CON ROSALÍA




Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega facilítannos a ligazón da segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía". En palabras do Consello Directivo da AELG: "Nesta ocasión un grupo de escritoras galegas dá vida a Rosalía nun  vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. 
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro".


9.2.14

OLLOS DE AULA NO CENTRO





Ollos de aula, a revista da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, ocupa un lugar relevante no centro. Podedes atopala na biblioteca e na sala de espera destinada ás familias. 

5.2.14

OLLOS DE AULA Nº12

Neste número, segundo di o CGENDL, "preguntámonos, da man de Mª Montserrat Castro Rodríguez (profesora da Facultade de CC.EE. da UdC), se os nenos e as nenas teñen unha idade para comezar a ler, e tamén polo uso do teléfono móbil no contexto escolar e familiar grazas a José Raposeiras Correa (Catedrático de Ensino Secundario e Doutor pola UVigo), que nos achega unhas conclusións de grande interese. Na sección "Palabras do ensino", de Lines Salgado, é a quenda das "reválidas" recuperadas pola LOMCE, mentres que Gracia Santórum non falta á súa cita con gorentosas propostas literarias e musicais".


30.1.14

O CÓMIC

O alumnado de 2º ESO preséntanos os traballos elaborados tras a lectura de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Podedes velos nos corredores do centro. 


DÍA DA PAZ




O alumnado de 2º ESO C confeccionou un vistoso calendario con poemas e ilustracións de temática pacifista para lembrarnos que a paz é un compromiso cotián.