DÍA LARANXA
No ano 2008, o secretariado Xeral
das Nacións Unidas puxo en marcha a campaña ÚNETE para poñer fin á violencia
contra as mulleres e as nenas. En xullo do ano pasado proclamou o día 25 de cada mes como
o Día Laranxa. Nesta ocasión, invítanos a sumarnos á campaña coa organización dende o 25 de novembro ata o 10 de decembro de "Eventos Laranxa". Nós quixemos participar vestindo unha peza de roupa ou levando un accesorio de cor laranxa,
velaí a nosa pequena contribución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario