5.5.22

CORRELINGUA

O Correlingua chega ao IES San Mamede! A rapazada posa coas mochilas enviadas pola organización. 

1º ESO A

1º ESO B
 
2º ESO A

2º ESO B

22.4.22

DÍA DO LIBRO

O IES San Mamede celebra o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor propoñendo lecturas para todos os gustos.

 

NOTICIAS DA CONTORNA

As alumnas e alumnos de 1º ESO convértense en xornalistas e redactan noticias da súa bisbarra. 


26.3.22

CERTAME JOÃO DE NÓVOA

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Mamede de Maceda convoca a décimo terceira edición do Concurso João de Nóvoa. O certame está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria dos centros adscritos e da área de influencia e ao alumnado do propio centro.

 

21.3.22

DÍA DA POESÍA

No Día da Poesía, o alumnado de 1º ESO recita composicións de Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso.




8.3.22

8M

No Día Internacional da Muller 2022, o IES San Mamede únese a ONU Mulleres  baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" e reclama unha acción polo clima por e para as mulleres.  

 


23.2.22

DÍA DE ROSALÍA II

  O knolling é unha técnica fotográfica que consiste en fotografar cenitalmente un obxecto ou conxunto de obxectos que foron desmontados ou non, e organizados sobre unha superficie plana, sempre en paralelo ou en ángulos de 90º

O alumnado de 4º ESO realizou o deseño dun knolling literario arredor da biografía e obra de Rosalía de Castro.





"Unha vez tiven un cravo"

"Castellanos de Castilla"

"Negra sombra"

DÍA DE ROSALÍA I

Poemas dedicados A Rosalía compostos polo alumnado de 1º ESO. 

 

 

30.1.22

DÍA DA PAZ E A ILUSTRACIÓN

O alumnado de 1º ESO compuxo poemas ilustrados para conmemorar o Día da Paz.