O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Preme no enlace se queres saber algo máis sobre a historia deste día.
11.3.14
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Preme no enlace se queres saber algo máis sobre a historia deste día.
9.3.14
CONTADAS
Tras a lectura e análise de Contos de medo do museo e como paso previo á visita ao Museo Provincial de Lugo, o alumnado de 2º ESO agrupado en equipos realizou a contada dun dos relatos do libro. Velaquí unha pequena mostra:
Etiquetas:
contadas,
contos de medo do museo
7.3.14
2.3.14
OLLOS DE AULA Nº13
Chega o número 13 correspondente aos meses de marzo e abril de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Que contidos nos achega? Segundo a CGENDL, unha colaboración de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, sobre o papel que deben asumir nais e pais na adquisión dos hábitos lectores dos seus fillos e fillas; unha nova "palabra do ensino" da man de Lines Salgado: as adaptacións curriculares; e as interesantes propostas de lecer de Gracia Santorum. E algo máis? Pois si, non esquecemos a importancia do almorzo para o desenvolvemento dos nenos e nenas e para o seu rendemento escolar. E, para rematar, un desexo: gocemos da primavera e o sol vestindo con autoestima, elegancia e estilo a mellor das nosas roupas, a lingua e a cultura galegas.
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)