Amosando publicacións coa etiqueta calendario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta calendario. Amosar todas as publicacións

30.1.14

DÍA DA PAZ




O alumnado de 2º ESO C confeccionou un vistoso calendario con poemas e ilustracións de temática pacifista para lembrarnos que a paz é un compromiso cotián.


18.12.13

AGASALLO DE NADAL

Chega o Nadal e o EDLG agasalla a toda a Comunidade Educativa cun calendario de peto deseñado pola alumna Andrea Da Silva Nieto.



Se queres podes visitar agasallo.eu, unha plataforma na rede na que atoparás ideas para agasallar en galego.

21.12.11

CALENDARIO DE PETO



A Comunidade Educativa foi agasallada cun calendario de peto do novo ano. A ilustración realizouna a alumna de 2º ESO, Rocío García Mojón.

22.12.09

CALENDARIO 2010

Como é tradición nos últimos anos, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística agasallou a toda a Comunidade Educativa cun calendario do ano novo. O deseño foi realizado pola alumna Melisa Santiago Nieto.

18.12.08

CALENDARIO 2009

O ENDL agasallou a toda a comunidade educativa un calendario do novo ano. O deseño da imaxe foi realizado por María Prieto e Raquel Salgado.