28.4.13
CONCURSO JOÃO DE NÓVOA
O EDLG convoca unha nova edición do Concurso João de Nóvoa destinado ao alumnado de 6º EP dos centros adscritos e ao alumnado do IES San Mamede. Consultade as bases premendo nos enlaces e animádevos a participar.
Etiquetas:
concurso,
João de Nóvoa,
letras,
letras 13
23.4.13
SEGUIMOS LENDO
O EDLG convídavos a festexar o Día do Libro poñendo á vosa disposición na Biblioteca unha escolma de lecturas nas que os/as protagonistas son personaxes históricos, literarios, mitolóxicos... de distintas épocas.
Etiquetas:
campañas,
lecturas temáticas,
personaxes
22.4.13
A LECTURA NA ARTE
O 23 de abril, Día do Libro, queremos que gocedes cunha pequena recompilación de obras pictóricas: Manet, Monet, Renoir, Van Gogh, Degas, Picasso, Magritte, Botero… Distintos períodos e estilos cun elemento común: o libro.
Etiquetas:
arte,
lecturas temáticas,
libros,
pintura
4.4.13
OLLOS DE AULA. Nº 6
Chega o nº 6 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. A importancia da lectura na formación do alumnado (Agustín Fernández Paz), os Programas de Cualificación Profesional Inicial (Lines Salgado), a comunicación entre pais e fillos (Alberto Casqueiro), as propostas de ocio de Gracia Santorum e a aprendizaxe de linguas no ensino son os contidos que centran esta entrega.
Etiquetas:
familias,
ollos de aula,
revista
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)