|
Para conmemorar o Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas. O Equipo da Biblioteca Escolar, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, recolleu esta suxestión e propuxo ao alumnado, profesorado e persoal non docente do centro a confección dunha flor en papel ou o agasallo dunha flor natural e un libro á súa parella literaria nun acto celebrado no centro. Na edición deste ano, Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG que foi lido neste acto polo alumnado de 2º BAC.
O knolling é unha técnica fotográfica que consiste en fotografar cenitalmente un obxecto ou conxunto de obxectos que foron desmontados ou non, e organizados sobre unha superficie plana, sempre en paralelo ou en ángulos de 90º
O alumnado de 4º ESO realizou o deseño dun knolling literario arredor da biografía e obra de Rosalía de Castro.
| "Unha vez tiven un cravo" |
| "Castellanos de Castilla" |
| "Negra sombra" |