26.3.22

CERTAME JOÃO DE NÓVOA

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Mamede de Maceda convoca a décimo terceira edición do Concurso João de Nóvoa. O certame está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria dos centros adscritos e da área de influencia e ao alumnado do propio centro.

 

21.3.22

DÍA DA POESÍA

No Día da Poesía, o alumnado de 1º ESO recita composicións de Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso.




8.3.22

8M

No Día Internacional da Muller 2022, o IES San Mamede únese a ONU Mulleres  baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" e reclama unha acción polo clima por e para as mulleres.