A Coordinadora Galega de Equipos de normalización e Dinamización Lingüística envíanos o número 20 da revista Ollos de aula e dinos que "no presente número a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; a pregunta desta entrega se centra en "Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?". Gracia Santórum preséntanos interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso "bolígrafo vermello".
19.3.15
8.3.15
DÍA DA MULLER
“Princesa (contra) Disney”
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjw2iXgmjG34-4EtTF_QSMl5IvIMRQku5GfEBx2vrMXzcjcX-lzVVOb1TfD12ii40PRpG7sbMNQiImg399gC7xE_hB2QsyKOLkZYpmF5quUrhq_Xipy5UMy8abZgNL1LiT9qM_y5RcU-zyy/s1600/carlos+negro.jpg)
agochados no colchón
como se fosen balas.
Arrinco o vestido de seda.
Íspome e pego un berro
que escacha as porcelanas.
O cabelo longo semella atadura.
(As tesoiras fanme menos escrava).
Fuxo da torre.
Da mazá envelenada
da obediencia.
Fendo os ferrollos.
Pelo curto,
lingua solta.
Respiro fondo,
corro descalza.
Comezo a alancar
cara a esa gándara
máis alá dos espellos.
(Vaime volvendo a voz
que perdín en palacio).
Penúltimas tendencias. Carlos Negro
Etiquetas:
8 marzo,
conmemoración,
igualdade,
muller
7.3.15
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA
Avance e progreso na sociedade actual? Nós, dicimos non! Unha sociedade avanzada non permite nin tolera a agresión a unha persoa. Queremos dicir basta! Basta a unha sociedade hipócrita! Definímonos como sabios, hommo sapiens, pero sómolo realmente?
Diferenciámonos dos animais pola nosa capacidade de razoamento, pero unha persoa que maltrata a outra ata incluso causarlle a morte, merece ese cualificativo? Non! Abride os ollos, nós querémosvolos abrir! Facervos comprender que a nosa sociedade non debería tolerar a agresión, a humillación, o acoso ou o asasinato de ningunha persoa.
Basta desta hipocrisía, erguede a cabeza e mirade o que está a pasar. Loitade para que cambie e despois poder dicir orgullosos/as que vivimos nunha sociedade avanzada e progresista que deixou atrás calquera tipo de machismo. Cando a violencia contra a muller desapareza, poderémonos considerar realmente sabios.
ANDREA CID LÓPEZ (4º ESO A).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)