Amosando publicacións coa etiqueta medo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medo. Amosar todas as publicacións

31.10.23

PANGRAMAS

     No samaín, o alumnado creou pangramas nos que empregou todas 
as letras do alfabeto.

 







31.10.21

EU TEÑO MEDO...

O alumnado de 1º ESO amosa os seus medos con composicións inspiradas no texto da obra Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo.
 

31.10.20

POSTAL DE SAMAÍN

O alumnado de 1º ESO confeccionou unha postal para felicitar o Samaín que recolle léxico de medo e información de como celebraban os celtas esta festividade.  

  









31.10.18

ALFABETOS DE MEDO

         
 Nestas datas, o alumnado de 1º ESO confeccionou un alfabeto con léxico do campo semántico do medo. Velaquí algúns exemplos:


JUAN
ALBA
 
ANDREA

SAMAÍN



O Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponvos unha selección de libros, cómics e películas de medo, terror ou fantasía. Achegádevos á biblioteca e botádelles unha ollada. 

31.10.17

SAMAÍN

Chega o Samaín e con el o misterio, o medo, o terror. Observade algúns dos personaxes creados polo alumnado de 2º ESO. 









ALUMNADO 2º ESO

31.10.14

DICIONARIO MONSTRUOSO E TERRORÍFICO


Chega o Samaín e o alumnado de 1º ESO quere compartir o seu dicionario monstruoso e terrorífico, unha recompilación de palabras de medo coas que ha confeccionar un relato.


ALUMNADO DE 1º ESO A

31.10.13

SAMAÍN

Para conmemorar esta data, o alumnado de 2º ESO seleccionou un fragmento dun libro de medo e realizou a súa ilustración. Fixádevos no resultado. 



      

23.10.12

DE TERROR, DE MEDO, DE INTRIGA, DE MAXIA...



Aproxímase a festividade do Samaín e o EDLG en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizou  unha exposición de libros cuxa temática xira arredor do medo, o terror, a maxia, o misterio, a fantasía…   A Biblioteca do centro emprestounos o espazo e os recursos e o alumnado de 1º ESO colaborou cos seus deseños na recreación do ambiente. Achegádevos á biblioteca e atrevédevos a pasalo de medo coa lectura dalgún dos títulos que propoñemos.

31.10.11

RELATOS DE MEDO NO SAMAÍN

 



No Samaín, o alumnado de 2º ESO buscou lendas sobre a morte e o demo; procurou información sobre esta festividade e sobre a Santa Compaña e posteriormente confeccionou relatos de medo.

31.10.08

O SAMAÍN


O alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha actividade promovida polo ENDL para celebrar a festividade do Samaín.
A actividade consistiu na elaboración dunha descrición dun animal fantástico xunto cunha ilustración e na realización de relatos de medo. Estes traballos foron expostos no taboleiro do ENDL.