O 24 de febreiro conmemórase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Neste 2015 tamén propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convida os centros escolares, institucións, particulares… que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana e a comunicalo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”.