27.11.20

CORRELINGUA 2020

O 27 de novembro, o alumnado de 1º ESO asistiu  á actuación de AldaoLAdo que foi emitida dende o IES As Lagoas de Ourense. Celebramos co lema "Vinte coa lingua!" a vixésima edición do Correlingua. Cúmprense vinte anos reclamando o dereito a usar a lingua propia. 

 



 




25.11.20

NON É NORMAL

O alumnado de 1º ESO reflexiona sobre situacións e actitudes que sofren as mulleres e que non son normais. 

 

12.11.20

ALFABETOS DA SAÚDE

Nun curso marcado por unha pandemia que modificou o noso día a día no centro, o alumnado de 1º ESO deseñou un alfabeto que ten como tema central a saúde, en concreto, recolle léxico relacionado co coronavirus.