15.5.18

LETRAS GALEGAS

O alumnado do IES San Mamede súmase á homenaxe á figura de Mª Victoria Moreno lendo, comentando e realizando diversas producións arredor das obras Leonardo e os fontaneiros, Guedellas de seda e liño e Anagnórise. Así mesmo,  o alumnado de 4º ESO realizou un traballo de investigación consultando  a obra A voz insurrecta (2018) de Monste Penas Presas. Este traballo foi dado a coñecer a través dun tríptico que se expuxo no taboleiro do Equipo e ao que tamén se pode acceder a través dos blogs individuais do alumnado. 

ALUMNADO 4º ESO


11.5.18

CORRELINGUA



O venres 11 de maio, o alumnado de 1º ESO participou no Correlingua, un acto público que ten como obxectivos: propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar accións a prol dela; sensibilizar á sociedade a través da poboación infantil e moza da importancia da defensa da lingua; asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares; contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo.