Chega o Correlingua a Ourense. Este
curso baixo o lema "O galego está en nós". Coma noutras ocasións, asistimos no Auditorio á lectura do manifesto, á proxección do vídeo gañador do
concurso, e ás actuacións musicais de compañeiros e compañeiras doutros centros
de ensino. Participamos na andaina pola lingua percorrendo o traxecto que
separa o Auditorio da Praza Maior. Alí rematamos co concurso de pancartas e
participamos nas actividades organizadas polo alumnado do TAFAD do CIFP A
Farixa.
Amosando publicacións coa etiqueta carreira b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta carreira b>. Amosar todas as publicacións
4.5.16
13.5.15
CORRELINGUA 2015
Un ano máis asistimos con outros centros da provincia ao Correlingua. Para celebrar o seu décimo quinto aniversario acompañounos Xurxo Souto como presentador, un pracer escoitalo. Asistimos tamén á proxección dos 15 anos do Correlingua, á lectura do Manifesto por un grupo de alumnado do colexio Malvedo, á proxección do vídeo gañador do concurso e á actuación do grupo musical Monoulious D.O.P. A continuación percorremos varias rúas da cidade ata reunírmonos na Praza Maior, alí entregáronse os premios ás mellores pancartas e gozamos cos xogos que nos propuxo o alumnado do TAFAD do CIFP A Farixa.
14.5.14
CORRELINGUA
Baixo o lema "Galego,
o paso adiante" chegou a tradicional carreira a prol da lingua a Ourense e a outras once localidades
galegas. O alumnado de 1º ESO participou con dúas pancartas nesta proposta que todos os anos se converte nun acto festivo para reivindicar, como din na
páxina web do Correlingua, o dereito a medrar en galego e tamén a exercer de
maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única
forma de garantir o seu futuro".
Etiquetas:
carreira,
correlingua,
normalización
2.5.13
CORRELINGUA
Hoxe, o alumnado de 1º ESO participou, xunto con outros centros da provincia, nunha nova edición do Correlingua, unha actividade que reivindica o uso da nosa lingua entre os máis novos. A participación activa do alumnado con recitados, confección de pancartas, difusión de mensaxes de promoción da lingua e actuacións musicais consolida esta iniciativa, ano tras ano, como a festa da lingua entre a mocidade.
Etiquetas:
carreira,
correlingua,
normalización
1.5.13
CORRELINGUA
Como vén sendo tradición no noso centro, mañá participaremos no Correlingua, a carreira a prol da lingua, que co lema "O Galego, a chave do mundo" principia en Ourense para despois percorrer diferentes vilas e cidades galegas. A festa comezará coa recepción dos participantes na Praza Maior ás 10:00, continuará coa andaina pola lingua ás 10:45 e rematará co programa de actividades que se desenvolverá no Auditorio Municipal a partir das 11:30. O acto será presentado por Pepe Penabade e iniciarase cun recital de poemas de Rosalía de Castro a cargo do alumnado de 6º do CPI José García García (Mende) e proseguirá coa actuación musical do IES Cidade de Antioquía, a lectura do Manifesto e a actuación de Monoulious. Tamén, haberá outras actividades como un concurso de pancartas e a animación da marcha.
Etiquetas:
carreira,
correlingua,
normalización
4.5.10
CORRELINGUA
O alumnado de 1º ESO participou activamente na tradicional carreira pola lingua. A actividade vén desenvolvéndose dende o curso 2000-2001 en distintas vilas galegas. Este ano celebrouse baixo o lema "Galego, a forza do noso amor". Miles de rapaces, en toda Galicia, amosaron o seu compromiso na defensa da lingua e reclamaron o dereito a medrar en galego.
6.5.09
CORRELINGUA 2009
Baixo a lenda "En galego! Pásao!" celebrouse o Correlingua en Ourense.Os grupos de 1º ESO participamos na carreira pola lingua, porque debemos de compometernos no proceso normalizador do noso idioma.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)