Amosando publicacións coa etiqueta videopoema. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videopoema. Amosar todas as publicacións

17.5.21

VIDEOPOEMAS

Videocreacións a partir de poemas de Xela Arias realizadas por Eva Alonso, María Expósito e Isabel González.

 




8.6.16

VIDEOPOEMAS

O alumnado de 4º ESO realizou videocreacións arredor de poemas de autores/as do século XX e da actualidade. Aquí podedes ver a proposta de Lucía González Iglesias a partir do poema "O reino" (Longa noite de pedra, 1962) de Celso Emilio Ferreiro.





Preme nas autoras/es dos poemas e poderás acceder ás  creacións de Uxía Oviedo de Dios, Emma Fariñas Cabo e Estela Expósito Salgado:

"Se mañá non teño gañas de viver" Pilar Pallarés
"Camelias: Cindarella" María Reimóndez.
"Ai amor,!" Xosé Neira Vilas


  

4.6.15

VIDEOPOEMAS

As alumnas Antía Barrio e Andrea Cid preséntannos as súas creacións partindo de coñecidos poemas.





2.6.13

+ ROSALÍA

Rosalía de Castro converteuse, este curso escolar, na protagonista de numerosas e variadas homenaxes. Moitas foron as iniciativas que botaron a andar para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. Dúas alumnas de 4º ESO, María Riesco Yanes e Lucía Rodríguez Pombo, quixeron renderlle a súa particular homenaxe con dous vídeos nos que os poemas "Tal como as nubes" (Follas novas) e "Adiós ríos, adiós fontes" (Cantares gallegos) van acompañados de imaxes e música.





24.5.13

O VIDEOPOEMA

Amosamos as creacións realizadas por Estefanía Rivas Vázquez, Eva Torres Fernández e Iria Prol  González (4º ESO) arredor dos poemas  "A dona que ía no branco cabalo" de Álvaro Cunqueiro, "Sós" de Manuel Antonio e "Madrigal á cibdá de Santiago" de Federico García Lorca.








21.5.12

VIDEOPOESÍA

O videopoema é unha creación artística que se vale dos recursos da videopoesía, linguaxe que fusiona imaxes en movemento e textos literarios. Partindo dos poemas "O que todo galego choraría" e "Cando ti volvas" de Valentín Paz Andrade, amosamos as propostas de María Losada e María Blanco, compañeiras de 4º ESO.