O alumnado de 1º ESO compón poemas con títulos de libros.
Amosando publicacións coa etiqueta poemas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poemas b>. Amosar todas as publicacións
23.4.23
21.3.22
DÍA DA POESÍA
No Día da Poesía, o alumnado de 1º ESO recita composicións de Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso.
Etiquetas:
Fran Alonso,
poemas,
Poemas birollos para ler cos ollos,
recitado
17.5.21
CONTOS DE POEMAS
"Contos de poemas" é un traballo do alumnado de 1º ESO arredor da obra Darío a diario de Xela Arias no que alumnas e alumnos transformaron os poemas en contos.
Etiquetas:
Darío a diario,
poema,
poemas,
poesía,
Xela Arias
21.3.21
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
![]() |
| 1º ESO B |
A lectura e recitado dos poemas de O meu gato é un poeta de Fran Alonso inspirou a rapazada de 1º ESO. Contaxíaronse desta divertida proposta poética, comezaron a gozar da poesía e xurdiu a creatividade. Os papeis enchéronse de cor e agromaron haikus, acrósticos, caligramas, centóns, poemas en prosa... que nos lembran que "nos poemas, as palabras son máis grandes, máis ricas, máis cheas".
24.2.17
DÍA DE ROSALÍA
O alumnado de 2º ESO B realiza un recitado de poemas de Rosalía de Castro no día que se conmemora o aniversario do seu nacemento.
Etiquetas:
2º ESO,
Día Rosalía,
poemas,
recitado,
Rosalía de Castro
27.6.14
"SOBRE A FALA"
Despedímonos ata setembro coa voz de Manuel María recitando o poema "Sobre a fala".
Etiquetas:
despedida,
fala,
Manuel María,
poemas
25.5.14
RECITADO PÓETICO XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Continuamos coa celebración do mes das Letras co recitado poético que da obra Nimbos preparou o alumnado de 4º ESO. Para acompañar a lectura dos poemas contamos co acompañamento instrumental de Carla Lamas.
Etiquetas:
Nimbos,
poemas,
recitado,
Xosé María Díaz Castro
24.2.14
RECITANDO A ROSALÍA
Para celebrar o Día de Rosalía, alumnos e alumnas de 2º ESO C participaron na lectura de poemas da autora na biblioteca do centro.
18.2.14
TODAS CON ROSALÍA
Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega facilítannos a ligazón da segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía". En palabras do Consello Directivo da AELG: "Nesta ocasión un grupo de escritoras galegas dá vida a Rosalía nun vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










