21.3.23

RECITADO POÉTICO

Para conmemorar o Día da Poesía, o alumnado de 1º ESO recita poemas do libro O meu gato é un poeta de Fran Alonso. 

 

 

17.3.23

DÍA DO CÓMIC E O TEBEO

O 17 de marzo conmemórase por primeira vez o Día do Cómic e o Tebeo. Escolleuse este día en honra ao comezo da publicación da mítica revista TBO en España. 

Despois da lectura de Presas fáciles de Miguelanxo Prado, o alumnado confeccionou unha plana dun cómic recreando unha parte da lectura realizada. Velaquí algúns exemplos:

ANDREA PÉREZ

SARA MARTÍNEZ


8.3.23

DÍA DA MULLER

   Acrósticos confeccionados por alumnado de 1º ESO para reivindicar a igualdade. 


HAIZEA, GABRIELA, PABLO
 
EVA, IRENE

            

 
 
            

 
 

6.3.23

SEMANA DA PRENSA

Esta semana dedicámoslla á prensa, por iso o alumnado de 1º ESO confeccionou noticias da localidade.