Amosando publicacións coa etiqueta 1º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º ESO. Amosar todas as publicacións

20.5.26

CORRELINGUA ll

O alumnado de 1º ESO acudiu hoxe á festa do Correlingua e participou nas actividades que se desenvolveron no auditorio, na andaina para promover a lingua entre a mocidade e nos xogos  que tiveron lugar  na Praza Maior de Ourense. 








21.3.26

DÍA DA POESÍA




      Acrósticos confeccionados polos alumnado de 1º ESO.

30.10.25

SERES TERRORÍFICOS

Chega o Samaín e o alumnado de 1º ESO amósanos as súas creacións terroríficas ilustradas, seres malvados dos que nos indican a súa descrición física, personalidade, habilidades e outras curiosidades. 




21.5.25

CORRELINGUA 2025

 Baixo o lema "A mocidade activa por unha lingua viva", o alumnado de 1º ESO participou nunha nova edición do Correlingua con outros centros de ensino da provincia. Alumnas e alumnos asistiron ao concerto do grupo John Deeres, percorreron diversas rúas do centro de Ourense nunha andaina a prol da lingua e remataron desfrutando con divertidos xogos.





15.5.24

CORRELINGUA 2024

 

 


 O alumnado de 1º ESO participou hoxe nunha xornada festiva con outros centros de ensino para reivindicar e fomentar a lingua galega. Alumnas e alumnos asistiron ao concerto de Mekánika Rolling Band, percorreron diversas rúas do centro de Ourense nunha andaina a prol da lingua e remataron desfrutando con divertidos xogos.

10.5.23

CORRELINGUA 2023

Baixo lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra!", celebrouse hoxe en Ourense o Correlingua. O alumnado de 1º e 2º ESO participou nos xogos populares que se desenvolveron na Praza Maior, na camiñada pola lingua e nas actividades e actuacións que tiveron lugar no Auditorio Municipal.



 

 

5.5.22

CORRELINGUA 2022

O Correlingua chega ao IES San Mamede! A rapazada posa coas mochilas enviadas pola organización. 

1º ESO A

1º ESO B
 
2º ESO A

2º ESO B

10.12.21

ALFABETOS DOS DEREITOS HUMANOS


 

Velaquí os alfabetos confeccionados polo alumnado de 1º ESO despois de traballar os dereitos humanos e vocabulario relacionado co tema.

29.10.21

CORRELINGUA 2021

 

1º ESO A

1º ESO A

1º ESO B

1º ESO B   

  
2º ESO A

Comezan as actividades do Correlingua 2021 con oito concertos en distintas localidades galegas. Con anterioridade, deuse a coñecer o alumnado gañador dos concursos, vídeo, banda deseñada e do manifesto desta edición. Ademais dos concertos, ofrécense obradoiros de escrita creativa, obradoiros de regueifas e banda deseñada e actividades para desenvolver nos centros como Palabras sobre o vento.