Tras a lectura de Chamádeme Simbad e O ceo dos afogados, Francisco Castro visitou o noso centro e compartiu a súa experiencia como escritor co alumnado de 1º e 2º ESO.
30.5.12
29.5.12
VALENTÍN PAZ ANDRADE EN CÓMIC
Despois de afondar na vida e obra do autor homenaxeado nas Letras e analizar a linguaxe e recursos expresivos do cómic, o alumnado de 2º ESO confeccionou un cómic sobre a figura de Valentín Paz Andrade. Aquí podedes ver unha selección dos traballos:
|
|
|
|
|
|
Etiquetas:
cómics,
letras,
Valentín Paz Andrade
23.5.12
PREMIOS JOÃO DE NÓVOA
O EDLG fixo entrega dos premios do V Concurso literario de relato curto e poesía João de Nóvoa na xornada de acollida do alumnado de 6º de primaria que tivo lugar no día de hoxe.
Alumnado premiado na 1ª categoría (6º primaria)- Prosa: Iria Carrera Doval do CEIP de Baños de Molgas.
- Poesía: Sergio Domínguez Navarro do CEIP de Maceda.
Etiquetas:
certame,
concurso,
João de Nóvoa,
poesía,
relato
21.5.12
VILAMOR, TES QUE VELA
Cando a Caravana Vilamor visitou o noso centro, propuxéronnos participar no concurso "Tes que vela" colaborando na promoción da película. Desta proposta xurdiu o vídeo promocional titulado: "Tes que vela. Pesadelo non tan malo", gravado por Paula e María.
Lembrade que o vídeo gañador será elixido entre os cinco máis difundidos en youtube, así que, animádevos a velo.
Lembrade que o vídeo gañador será elixido entre os cinco máis difundidos en youtube, así que, animádevos a velo.
VIDEOPOESÍA
O videopoema é
unha creación artística que se vale dos recursos da videopoesía, linguaxe que
fusiona imaxes en movemento e textos literarios. Partindo dos poemas "O que
todo galego choraría" e "Cando ti volvas" de Valentín Paz Andrade, amosamos as propostas de
María Losada e María Blanco, compañeiras de 4º ESO.
Etiquetas:
letras,
letras 12,
Valentín Paz Andrade,
videopoema
16.5.12
POEMAS ACRÓSTICOS
Presentámosvos dous acrósticos adicados a Valentín Paz Andrade que foron confeccionados por compañeiras de 1º ESO. Pouco a pouco, iremos dando a coñecer máis.
Valente, sempre firme
Nunca, xamais
Deixamos marchar.
Resoan entre nós
As súas ideas e soños
Dentro do noso corazón
Eternamente estarán.
Andrea Cid
Begoña Graña
Valente, sempre firme
Andando entre as letras
Lérez, onde a súa vida comeza.
Empurrado por outros
Nos poemas entrou.
Tamén cariñoso,
Intelixente,
Nos xornais colaborou.
Para organizacións traballou
Adiantado ás ideas dese tempo
Zoan as súas palabras, abanéaas o vento.
As súas palabrasNunca, xamais
Deixamos marchar.
Resoan entre nós
As súas ideas e soños
Dentro do noso corazón
Eternamente estarán.
Andrea Cid
Valente desde sempre,
Ante a
Liberdade
Entusiasmado,
Na escrita
Tamén
Intelixente,
Notable empresario.
Begoña Graña
Etiquetas:
acróstico,
letras,
letras 12,
Valentín Paz Andrade
15.5.12
RECITADO VALENTÍN PAZ ANDRADE
María, Paula e César recitan un poema de Valentín Paz Andrade: "Cando ti volvas".
Etiquetas:
letras,
letras 12,
Pranto Matricial,
recitado,
Valentín Paz Andrade
14.5.12
TERTULIAS LITERARIAS
O grupo do club de lectura de 3º ESO participou nunha tertulia literaria con Xosé Neira Vilas arredor do seu libro Memorias dun neno labrego. Á tertulia, que tivo lugar na Casa da Cultura de Allariz, asistiu alumnado de Xinzo de Limia, Celanova, Allariz e Maceda.
Etiquetas:
Allariz,
Neira Vilas,
tertulia literaria
11.5.12
A CARAVANA VILAMOR CHEGA A MACEDA
Hoxe, o director e elenco de actores da película Vilamor presentaron o filme no noso centro. Un filme que recrea a vida dunha comuna na aldea de Vilamor nos anos 70 e que se estreará en Ourense o 17 de maio. No Salón Rosalía de Castro, tivemos a oportunidade de ver o tráiler da película e de escoitar as interesantes intervencións de cada un deles. Lembramos cales foron:
- Ignacio Vilar: Como se fai unha película, proceso creativo dun filme.
- Rubén Riós: "Por que estamos aquí?", experiencias previas e necesidade de poñer en valor a cultura e a lingua galega a través da sétima arte.
- Xoel Yañez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas de rodaxe.
- Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.
Tamén, foi presentado o concurso Tes que vela. Animádevos a participar e lembrade que temos que vela!!!
2.5.12
CORRELINGUA 2012
Hoxe, celebrouse en Ourense o Correlingua 2012, a carreira para reivindicar a nosa lingua, que este ano ten como lema: Galego, todo o que buscas! Os compañeiros e compañeiras de 1º ESO participamos na andaina dende a Praza Maior ata o Auditorio, onde continuou a festa. Ademais, recibimos un premio polas nosas pancartas.
Quedamos coas palabras do Manifesto gañador deste curso: "... nós buscamos persoas que estean orgullosas do idioma da súa terra, que non teñan medo a falalo..." do CPI de Pontecesures. Na páxina do Correlingua podemos consultar o manifesto completo e os premios de banda deseñada e vídeo.
Quedamos coas palabras do Manifesto gañador deste curso: "... nós buscamos persoas que estean orgullosas do idioma da súa terra, que non teñan medo a falalo..." do CPI de Pontecesures. Na páxina do Correlingua podemos consultar o manifesto completo e os premios de banda deseñada e vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)