31.10.22

IMAXINA ANIMAIS

Inspirándose no libro Imaxina animais de Xosé Ballesteros Rey e Juan Viadaurre Díaz, o alumnado de 1º ESO confeccionou un animal imaxinario e a súa descrición con obxectos da súa contorna.



 


24.10.22

CONCURSO " DILLO A QUEN MALTRATA"

O alumnado de 4º ESO participa no XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” 2022 organizado polo concello de Lalín a través da Oficina da Igualdade coa finalidade de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma.