O alumnado de 1º ESO confeccionou un cartel co programa Gimp para anunciar a entrega de premios do Certame João de Nóvoa que terá lugar o 3 de xuño na biblioteca do centro.
Amosando publicacións coa etiqueta cartel b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cartel b>. Amosar todas as publicacións
31.5.22
1.5.16
MES DAS LETRAS
No mes das Letras comezamos a publicar as actividades que
fomos realizando ao longo do curso para homenaxear a Manuel María.
Empezamos amosándovos o cartel deseñado por Uxía Oviedo de Dios,
alumna de 4º ESO.
Etiquetas:
cartel,
Letras 16,
Manuel María
14.5.09
UN RÍO DE PALABRAS
Quixemos conmemorar a semana do 17 de maio promocionando As Nosas Letras. Emulando o protagonista do relato “Un río de palabras” de Agustín Fernández Paz, o alumnado de 3º e 4º ESO elaborou un cartel semellante aos que atopamos polas rúas. Eses papeis con anuncios onde a xente se ofrece para traballar e en pequenas tiras adxunta o seu número de teléfono. O alumnado aproveitou ese espazo para recomendar unha obra literaria, seleccionou un fragmento e substituíu o número de teléfono polo título e autor.
Os carteis foron colocados en distintos espazos e anegaron o noso centro con ríos de palabras. Agora, como di o narrador do relato, "se a alguén lle interesa a historia que se agacha detrás desas poucas liñas, aí ten o fío polo que tirar dela ata o remate".

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)