Continuamos coa celebración do mes das Letras co recitado poético que da obra Nimbos preparou o alumnado de 4º ESO. Para acompañar a lectura dos poemas contamos co acompañamento instrumental de Carla Lamas.
25.5.14
14.5.14
CORRELINGUA
Baixo o lema "Galego,
o paso adiante" chegou a tradicional carreira a prol da lingua a Ourense e a outras once localidades
galegas. O alumnado de 1º ESO participou con dúas pancartas nesta proposta que todos os anos se converte nun acto festivo para reivindicar, como din na
páxina web do Correlingua, o dereito a medrar en galego e tamén a exercer de
maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única
forma de garantir o seu futuro".
Etiquetas:
carreira,
correlingua,
normalización
8.5.14
OLLOS DE AULA Nº15
Achegamos ás famillias do alumnado o número 15 da revista Ollos de aula.
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
7.5.14
MES DAS LETRAS
Comeza o mes das Letras e con el as celebracións arredor de Xosé María Díaz Castro, por iso queremos achegarvos algunhas páxinas e interesantes traballos que se están a publicar sobre o poeta. Comezamos divulgando un documental dirixido por Xulio Xiz, gravado en 1987 e remasterizado no 2014.
Etiquetas:
letras,
Xosé María Díaz Castro
6.5.14
OLLOS DE AULA. Nº 14
A CGENDL publica un novo número da revista Ollos de aula con interesantes contidos para ás familias do alumnado.
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)