Hoxe, o director e elenco de actores da película Vilamor presentaron o filme no noso centro. Un filme que recrea a vida dunha comuna na aldea de Vilamor nos anos 70 e que se estreará en Ourense o 17 de maio. No Salón Rosalía de Castro, tivemos a oportunidade de ver o tráiler da película e de escoitar as interesantes intervencións de cada un deles. Lembramos cales foron:
- Ignacio Vilar: Como se fai unha película, proceso creativo dun filme.
- Rubén Riós: "Por que estamos aquí?", experiencias previas e necesidade de poñer en valor a cultura e a lingua galega a través da sétima arte.
- Xoel Yañez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas de rodaxe.
- Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.
Tamén, foi presentado o concurso Tes que vela. Animádevos a participar e lembrade que temos que vela!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario