23.2.23

DÍA DE ROSALÍA

 


Para conmemorar o Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas. O Equipo da Biblioteca Escolar, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, recolleu esta suxestión e propuxo ao alumnado, profesorado e persoal non docente do centro a confección dunha flor en papel ou o agasallo dunha flor natural e un libro á súa parella literaria nun acto celebrado no centro. Na edición deste ano, Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG que foi lido neste acto  polo alumnado de 2º BAC. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario