Hoxe, as alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO, fixemos unha visita a Celanova. Alí, guiados por Paula, coñecemos a Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Rosendo e a biblioteca do IES de Celanova. Fixemos parte da ruta currosiana, detivémonos en Penalta e en Einibó, onde lemos os poemas de Curros: "O gaiteiro de Penalta" e "Unha voda en Einibó". Xantamos en Celanova e, pola tarde, achegámonos a ver a Virxe do Cristal e Vilanova dos Infantes. Nesta vila detivémonos diante da casa de Méndez Ferrín e visitamos o Centro Comarcal. Ao longo de todo o percorrido lemos distintos poemas de Curros, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín.
Parabéns a todas e todos polo voso comportamento. É un orgullo que se destaque a atención e actitude do grupo.
ResponderEliminarpasamolo moi ben nesta saida tería que haber mais o longo do curso o unico malo desta excursion foi o camiño...jaja
ResponderEliminarEu paseino moi ben!
ResponderEliminarPolo camiño ainda que nos manchamos un pouco, divertimonos!
O que si me gustou foron os sofás e a televisión na biblioteca do instituto, que non nos virian nada mal en Maceda!!
foi moi divertido poderia a ver mais escursións coma esta!!!
ResponderEliminarO unico que non me gustou foi o camiño polo barro. E que me gustou foi o instituto de celanova.
A min gustoume moito a visita e tivemos moi bo tempo.Foi una actividade moi cultural sobre a historia de España e Galicia.
ResponderEliminarA min gustoume moito. Pero o que me menos gustou foi o camiño porque está moi sucio.
ResponderEliminarEncantoume coñecer a casa dun poeta, e tamén pasear por diversos lugares que nomea nos seus poemas!
ResponderEliminarA min gustoume moito a excursión, tivemos moi bo tempo e coñecemos cultura..
ResponderEliminarfoi moi bonito
ResponderEliminarPareceume unha visita moi productiva e divertida, e o que menos me gustou foi o camiño polo lama.
ResponderEliminarA min gustoume moito. O mellor foi a ora da comida e cando fomos ver a cidade dende aquela torre.
ResponderEliminarA excusión estivo moi ben...O que menos me gustou foi cando íamos polo monte adiante e o que máis cando estivemos en einibÓ!
ResponderEliminar