O mércores 15 de maio fomos ao Correlingua, unha actividade para reivindicar o uso da nosa lingua que nesta edición tiña como lema O galego é a fórmula.
Saímos de Maceda nun autobús ás 9.15 h e dirixímonos ao Auditorio de Ourense. Alí, asignáronnos os asentos e un presentador contou historias e cantou cancións. Despois actuou un grupo de rapaces do Colexio Seminario Menor A Inmaculada, tamén vimos os dous vídeos gañadores e escoitamos a lectura do manifesto. Para rematar, actuou o grupo Cuarta Xusta.
Saímos do Auditorio e fomos andando ata a Praza Maior, pasamos por moitas rúas: Santo Domingo, Bedoya, Paseo... Cando chegamos á Praza Maior, merendamos e participamos en moitos xogos: os zancos, o tres en raia ou a carreira de sacos, esta última foi a actividade que máis me gustou. Despois asistimos á entrega de premios ás pancartas e finalmente fomos á Alameda para coller o autobús de volta ao centro.
Gustoume moito a actividade e tamén me gustou moito manifestarme pola nosa lingua. Paseino moi ben porque coñecín moitos rapaces e rapazas de diferentes centros.
PABLO GONZÁLEZ BARRETO, 1º ESO B
1º ESO_CURSO 2018-2019 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario