23.2.23

DÍA DE ROSALÍA

 


Para conmemorar o Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas. O Equipo da Biblioteca Escolar, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, recolleu esta suxestión e propuxo ao alumnado, profesorado e persoal non docente do centro a confección dunha flor en papel ou o agasallo dunha flor natural e un libro á súa parella literaria nun acto celebrado no centro. Na edición deste ano, Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG que foi lido neste acto  polo alumnado de 2º BAC. 

21.2.23

21 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999. Vense celebrando cada 21 de febreiro dende o ano 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

30.1.23

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, o alumnado reflexionou sobre a resolución de conflitos na aula e propuxo vocabulario relacionado co tema. Posteriormente, confeccionou un cartel na web de deseño gráfico e composición de imaxes Canva co nome da data conmemorada e unha frase coa que invitar á resolución de conflitos dunha maneira pacífica e a fomentar o diálogo e a cooperación.              


 
              
 

16.12.22

NADAL LITERARIO

Para felicitar o Nadal, o alumnado de 1º ESO confeccionou unha tarxeta con información dunha autora galega contemporánea. 

 

25.11.22

EFECTO BOLBORETA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 


Para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 1º ESO, apoiado polo profesorado titor, confeccionou unha bolboreta en distintos tamaños e materiais coa que dar visibilidade ás accións que poden realizar para xerar un cambio na súa contorna.


31.10.22

IMAXINA ANIMAIS

Inspirándose no libro Imaxina animais de Xosé Ballesteros Rey e Juan Viadaurre Díaz, o alumnado de 1º ESO confeccionou un animal imaxinario e a súa descrición con obxectos da súa contorna.



 


24.10.22

CONCURSO " DILLO A QUEN MALTRATA"

O alumnado de 4º ESO participa no XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” 2022 organizado polo concello de Lalín a través da Oficina da Igualdade coa finalidade de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma.

 


11.6.22

CAMPAÑA DE FOMENTO DO GALEGO NO COMERCIO LOCAL

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Mamede fai entrega de bolsas de tea reutilizables nos establecementos da vila. A actividade dá continuidade ás campañas de fomento do uso do galego no comercio local que o centro vén desenvolvendo dende hai dez anos. As bolsas, distribuídas polo alumnado de 2º e 4º ESO nos negocios do concello, serán entregadas á clientela do pequeno comercio.

 


 

LIBRERÍA ALICIA – PRAZA ALCATRUZ, 4

 

LIBRERÍA LER, PRAZA DAS TOLDAS, 17


 

A FÁBRICA  DO FELO - RÚA AURELIANO FERREIRO, 43

MARLINGO - RÚA AURELIANO FERREIRO, 43

FLORISTERÍA ABRAMAR - RÚA AURELIANO FERREIRO, 53


 

FIDALGO AUTO RECAMBIOS - RÚA RAMÓN OTERO PEDRAYO, 4

FERRETERÍA GREGORIO - RÚA DAS FLORES, 2


FERRETERÍA ALDRABA - RÚA AURELIANO FERREIRO, 110


FORNO DE PAN CELIA - RÚA TRAS DA IGREXA, 8


O FORNO DO CARDITO – RÚA PRINCIPAL, 6


PANADERÍA/ PASTELERÍA AGUSTÍN - PRAZA DAS TOLDAS, 15


PANADERÍA DELFÍN -RÚA DA PENA, 4

 

MERCERÍA PEPITA - PRAZA DAS TOLDAS, 15


ROUPA INFANTIL MIMOS – RÚA AURELIANO FERREIRO, 115

 

ARLET - RÚA AURELIANO FERREIRO, 49


ESTÉTICA EDÉN – RÚA O RECONCO,  26


SALÓN DE PEITEADO FE–RÚA DO MEDIO, 30


 

NOVA IMAXE – RÚA CALVO SOTELO, 11


MASCOCEDA - RÚA AURELIANO FERREIRO, 47


CARNICERÍA HILARIO – RÚA PRINCIPAL, 12

FARMACIA Mª JOSÉ BLANCO - RÚA AURELIANO FERREIRO, 61

FARMACIA MARÍA ELVIRA - PRAZA DAS TOLDAS, 12


 

BAZAR JIM - RÚA AURELIANO FERREIRO, 112


ESTANCO MACEDA - PRAZA DAS TOLDAS, 11

 

   A CHUCHE MECÁNICA - PRAZA BENIGNO ÁLVAREZ, 10


SUPERCIEN – RÚA DO CANTÓN, 1



AGRO RIBEIRA SACRA- RÚA DO DEPORTE, 4