20.4.17

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro publicamos o bibliotráiler que creou o alumnado de 4º ESO:




8.3.17

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


O alumnado de 4º ESO A quere render unha homenaxe a mulleres de diferentes ámbitos profesionais para reivindicar a loita pola igualdade no traballo e recoñecer o labor cotián de todas elas. 

RECITADO "OS PINOS"




O alumnado de 1º ESO B realizou o recitado do poema "Os pinos"  para conmemorar o centenario da morte de Eduardo Pondal  (Ponteceso, 1835-A Coruña, 1917).
.

24.2.17

DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 2º ESO B realiza un recitado de poemas de Rosalía de Castro no día que se conmemora o aniversario do seu nacemento. 


30.1.17

30 DE XANEIRO







Hoxe conmemoramos o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz e queremos reivindicar a tolerancia, a cooperación, a solidariedade, o respecto, a non-violencia e a paz  no ámbito escolar e na vida. 

21.12.16

NADAL GASTRONÓMICO





O alumnado de 1º ESO participou no concurso de tarxetas de Nadal que o EDLG convoca nestas datas. As tarxetas contiñan receitas ilustradas con fotos dos pratos propostos.  Velaquí as alumnas gañadoras:

CARLA CABALLERO BARROS (1º ESO A).
EVA ALONSO GONZÁLEZ (1º ESO B).

10.12.16

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS



A Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 10 de decembro como o Día dos Dereitos Humanos. Velaquí algúns dos traballos realizados polo alumnado dos distintos cursos. 

25.11.16

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER












O alumnado de 4º ESO A quere compartir os carteis que confeccionou para conmemorar o 25N e rexeitar calquera tipo de violencia contra a muller:

ASASINATOS
AGRESIÓN FÍSICA
VIOLACIÓN
ABUSO SEXUAL
AMEAZAS
BERROS
INSULTOS
ACOSO
HUMILLACIÓNS
VEXACIÓNS
DESPREZOS
CHANTAXE EMOCIONAL
MENOSPREZO
HUMOR SEXISTA
CONTROL
PUBLICIDADE SEXISTA
DOMINACIÓN
ANULACIÓN
LINGUAXE SEXISTA


31.10.16

CHEGA O SAMAÍN!


Mª LOURDES FREIXO OVALLE

Chega o Samaín, e con el o misterio, a fantasía, o terror... Pouco a pouco iremos publicando os traballos do alumnado de 2º ESO. Prestade atención porque ides tremer de medo!!!

14.6.16

CAMPAÑA FELICITA EN GALEGO




O EDLG deseñou un nova campaña de dinamización da lingua dirixida ao comercio local baixo o nome de Felicita en galego II que consistiu na realización de papel de agasallo con versos de Manuel María. Esta campaña supón darlle continuidade a iniciada o curso pasado co nome de Felicita en galego I

A alumna de 4º ESO Uxía Oviedo de Dios realizou o deseño do papel e  tamén se ocupou xunto con  Lucía González, Helena Losada, Emma Fariñas, Daniel Fontela e María Prol da súa distribución en distintos comercios das vilas de Maceda e Baños de Molgas