O EDLG deseñou un nova campaña de dinamización da lingua dirixida ao comercio local baixo o nome de Felicita en galego II que consistiu na realización de papel de agasallo con versos de Manuel María. Esta campaña supón darlle continuidade a iniciada o curso pasado co nome de Felicita en galego I.
A alumna de 4º ESO Uxía Oviedo de Dios realizou o deseño do papel e tamén se ocupou xunto con Lucía González, Helena Losada, Emma Fariñas, Daniel Fontela e María Prol da súa distribución en distintos comercios das vilas de Maceda e Baños de Molgas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario