Velaquí o alumnado galardoado no Concurso de Tarxetas de Nadal e Cómics 2014.
-DIEGO RODRÍGUEZ PEÑA, NOEMÍ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, ERIK DOS SANTOS FERNÁNDEZ, MARTA PERNAS DE DIOS (1º ESO).
-SANDRA FERNÁNDEZ SUÁREZ, GEMMA CID FERREIRO (2º ESO).
19.12.14
3.12.14
OLLOS DE AULA Nº 18
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística fainos chegar o derradeiro número do ano. Nesta entrega, "Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta".
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
25.11.14
DÍA LARANXA
No ano 2008, o secretariado Xeral
das Nacións Unidas puxo en marcha a campaña ÚNETE para poñer fin á violencia
contra as mulleres e as nenas. En xullo do ano pasado proclamou o día 25 de cada mes como
o Día Laranxa. Nesta ocasión, invítanos a sumarnos á campaña coa organización dende o 25 de novembro ata o 10 de decembro de "Eventos Laranxa". Nós quixemos participar vestindo unha peza de roupa ou levando un accesorio de cor laranxa,
velaí a nosa pequena contribución.
20.11.14
"MATRIARCAS"
Queremos que visionedes o vídeo
musical "Matriarcas", un tema do álbum Lúas de outubro e agosto de
Guadi Galego que sairá á venda o 25 de novembro. Que mellor maneira
de conmemorar este día que rendendo homenaxe ás MULLERES!!! Tedes
información sobre o disco no artigo de Carme
Vidal publicado en Sermos Galiza.
Ademais, o vídeo vén con sorpresa,
fixádevos ben nas mulleres que aparecen.
Etiquetas:
Guadi Galego,
matriarcas,
muller
11.11.14
OLLOS DE AULA Nº17
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística envíanos unha nova entrega da revista Ollos de aula, nela dinnos: "analízanse as consecuencias negativas que para o galego ten o Decreto do Plurilingüismo 4 anos despois da súa aprobación e non esquecen a grande estafa en que se está a converter a Política Lingüística oficial. Ademais, a orientadora Mª Dolores González Piñeiro fala de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia Santorum anima, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín".
Etiquetas:
coordinadora,
normalización,
ollos de aula,
revista
31.10.14
9.10.14
OLLOS DE AULA Nº 16
Achegámosvos un novo número da revista Ollos de aula da Coordinadora Galega de ENDL destinada ás familias do alumnado. Neste número "Mª Montserrat Carrasco Rodríguez, profesora de CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo nos nenos/as, mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi interesante para introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita as atractivas propostas lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas Cadencias".
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
25.9.14
BENVIDA
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos darvos a benvida ao curso 2014/2015, e que mellor maneira de facelo que compartindo esta fotografía que nos fixo chegar unha compañeira. Sabedes ata onde viaxou
27.6.14
"SOBRE A FALA"
Despedímonos ata setembro coa voz de Manuel María recitando o poema "Sobre a fala".
Etiquetas:
despedida,
fala,
Manuel María,
poemas
16.6.14
CARTEIS ABERTO/PECHADO
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxo en marcha unha nova campaña para o uso normalizado do galego no ámbito do comercio local. Nesta ocasión, confeccionamos un cartel coas palabras aberto/pechado que o alumnado do centro se encargou de levar aos distintos negocios do concello de Maceda e tamén da contorna.
Etiquetas:
carteis,
comercio,
comercio local,
normalización
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)