23.5.19

LEDICIA COSTAS I


Hoxe visitou o centro a autora Ledicia Costas e mantivo un interesante encontro co alumnado de ESO e BAC. A rapazada dos diferentes cursos leu A señorita Bubble (1º ESO), O corazón de Xúpiter (2º ESO), Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (3º ESO), Unha estrela no vento (4º ESO) e Un animal chamado néboa (1º e 2º BAC.). Aquí podedes ver algúns dos traballos  de ilustración realizados por 1º, 2º e 4º ESO.

A señorita Bubble
1º ESO B

Unha estrela no vento
Lourdes Freixo

Unha estrela no vento
Lucía Garrido

Unha estrela no vento
Aruna Boroviczeny

Unha estrela no vento
Iván Conde

O corazón de Xúpiter
Ainhoa Bretaña

O corazón de Xúpiter
Niurka Freixo

21.5.19

XII CONCURSO JOÃO DE NÓVOA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixo entrega dos premios do concurso João de Nóvoa ao alumnado de 6º de Educación Primaria na xornada de acollida no centro

CURSO 2018-2019
Alumnado premiado 

     JIMENA CARAMÉS CARBALLO. CEIP MACEDA
     CARLA GONZÁLEZ VIDAL. CEIP MACEDA
     BORJA VICENTE GONZÁLEZ. CEIP MACEDA

Parabéns!

15.5.19

CORRELINGUA 2019

   O mércores 15 de maio fomos ao Correlingua, unha actividade para reivindicar o uso da nosa lingua que nesta edición tiña como lema O galego é a fórmula
    Saímos de Maceda nun autobús ás 9.15 h e dirixímonos ao Auditorio de Ourense.  Alí, asignáronnos os asentos e un presentador contou historias e cantou cancións. Despois actuou un grupo de rapaces do Colexio Seminario Menor A Inmaculada, tamén vimos os dous vídeos gañadores e escoitamos a lectura do manifesto. Para rematar,  actuou o grupo Cuarta Xusta.
    Saímos do Auditorio e fomos andando ata a Praza Maior, pasamos por moitas rúas: Santo Domingo, Bedoya, Paseo... Cando chegamos á Praza Maior, merendamos e participamos en moitos xogos: os zancos, o tres en raia ou a carreira de sacos, esta última foi a actividade que máis me gustou. Despois asistimos á entrega de premios ás pancartas e finalmente fomos á Alameda para coller o autobús de volta ao centro. 
    Gustoume moito a actividade e tamén me gustou moito manifestarme pola nosa lingua. Paseino moi ben porque coñecín moitos rapaces e rapazas de diferentes centros. 
PABLO GONZÁLEZ BARRETO, 1º ESO B


1º ESO_CURSO 2018-2019














23.4.19

DÍA DO LIBRO

Imaxe de www.delectoralector.com


O alumnado de 4º ESO conmemorou o Día do Libro publicando nos seus blogs persoais un vídeo no que recomendan unha obra literaria. Podedes ver algúns deles premendo nas ligazóns. 

 Cousas de Castelao. Martín González Blanco

 Os nenos da varíola de María Solar. Iria Bouzo Garrido

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Ineva Cid Ferreiro

O principiño de Antoine de Saint-Exupéry. Aruna Boroviczeny López

Deixe a súa mensaxe despois do sinal de Arantza Portabales. Noemí 

González Rodríguez

1.4.19

CONCURSO JOÃO DE NÓVOA

Imaxe:  Joao da Nova, Wikipedia, CC 0 1.0 Universal

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca unha nova edición do Concurso João de Nóvoa destinado ao alumnado de Educación Primaria dos centros adscritos e ao alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Ciclos do IES San Mamede. 

Bases do concurso. Educación Primaria
Bases do concurso. Educación Secundaria, Bacharelato, FP e Ciclos


24.2.19

DÍA DE ROSALÍA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou unha exposición das obras da autora na biblioteca. 



23.1.19

O XORNAL

O alumnado de 1º ESO acudiu ás instalacións do xornal Faro de Vigo e confeccionou unha noticia sobre a visita.  











20.12.18

POSTAIS DE NADAL


1º/2º ESO
       
ANDREA. 1º ESO


ALBA. 1º ESO


NIURKA. 2º ESO

O alumnado de 1º e 2º ESO confeccionou unha postal de Nadal que contén unha imaxe realizada coa ferramenta de debuxo de LibreOffice Writer e a recomendación dunha obra literaria. 

3.12.18

COUSAS

4º ESO

Relatos confeccionados despois da lectura e análise da obra Cousas de Castelao.