Uxía Oviedo de Dios realizou a ilustración do relato "A rapaza do circo" da obra Vento ferido de Carlos Casares.
1.6.17
A RAPAZA DO CIRCO
Etiquetas:
Carlos Casares,
circo,
ilustración,
Letras Galegas 2017,
relato,
Vento ferido
31.5.17
A RAPAZA DO CIRCO
Lucía
González Iglesias, alumna de 1º BAC., realizou este fermoso vídeo de animación sobre o relato
"A rapaza do circo" da obra Vento
ferido de Carlos Casares.
Antía Lage Fernandes, alumna de 1º BAC., preséntanos outra interesante proposta sobre o mesmo relato de Carlos Casares.
Etiquetas:
Carlos Casares,
Letras Galegas 2017,
relato,
Vento ferido
30.5.17
CARLOS CASARES. VENTO FERIDO
O alumnado de 1º BAC. confeccionou
vídeos sobre algúns dos relatos da obra Vento ferido de Carlos Casares. Premede nas
imaxes e poderedes acceder as súas creacións:
![]() |
"O outro verán". Helena Losada González |
![]() |
"A tronada". María Prol González |
![]() |
"A rapaza do circo". Uxía Oviedo de Dios |
![]() |
"Cando cheguen as chuvias". Emma Fariñas Cabo
![]() |
"A tronada". Iria Carrera Doval |
![]() |
"O xogo da guerra". Paula Bouzo Gómez |
"A rapaza do circo". Estela Expósito Salgado
Etiquetas:
Carlos Casares,
Letras Galegas 2017,
relato,
Vento ferido
24.5.17
23.5.17
PREMIOS X CONCURSO LITERARIO JOÃO DE NÓVOA
Alumnado
premiado na categoría de 6º de Educación Primaria nas modalidades de relato
curto e poesía:
Alba
Estévez Prado. CEIP de Maceda
María
Adelaida Souto Novas. CEIP de Baños de Molgas
Rubén
Vázquez Cid. CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio
Alumna premiada na categoría de ESO na modalidade de poesía:
Gemma Cid Ferreiro. 4º ESO
Alumna premiada na categoría de ESO na modalidade de poesía:
Gemma Cid Ferreiro. 4º ESO
Parabéns!
Etiquetas:
concurso,
João de Nóvoa,
poesía,
premios,
relato
16.5.17
HIMNO GALEGO
Na véspera do Día das Letras Galegas, o alumnado de 2º ESO e a profesora Cristina Asenjo ofreceron no Salón Rosalía de Castro unha emotiva interpretación instrumental do himno galego con frauta doce, xilófono e piano. A continuación, deleitáronnos coa interpretación vocal da composición. Lembremos que este ano se conmemora o centenario do falecemento de Eduardo Pondal, autor do poema "Os pinos".
Etiquetas:
2º ESO,
actuación musical,
Eduardo Pondal,
himno
9.5.17
CARLOS CASARES
O alumnado de 4º ESO realizou unha busca e selección de información en rede para confeccionar un tríptico sobre o escritor Carlos Casares. Este pequeno traballo de investigación foi compartido polo alumnado nos seus blogs persoais e no taboleiro do Equipo. Achegamos, como exemplo, o tríptico realizado por Lucas Suárez Díaz.
Etiquetas:
4º ESO,
Carlos Casares,
Letras 2017,
tríptico
7.5.17
CREBACABEZAS
Preme sobre a imaxe e poderás facer un crebacabezas de vinte pezas.
Carlos Casares retratado por Ricardo Grobas. http://fundacioncarloscasares.org/fotografias/
Etiquetas:
Carlos Casares,
crebacabezas,
Letras 16
4.5.17
LETRAS GALEGAS 2017
![]() |
Vento ferido. Ilustración de Xulio Maside |
Comezamos maio, mes das Letras, coa publicación dalgúns recursos didácticos sobre o autor homenaxeado:
Carlos Casares IES Lagoa de Antela.
Telexornal sobre Carlos Casares realizado polo CPI DOS DICES (ROIS).
Liña do tempo da Fundación Carlos Casares.
Etiquetas:
Carlos Casares,
IES Lagoa de Antela,
liña do tempo,
telexornal
3.5.17
CORRELINGUA 2017
Baixo o lema "En galego, sen cancelas" celebrouse o Correlingua en Ourense. O alumnado de 1º ESO participou con outros centros da provincia na tradicional andaina para reivindicar o uso da nosa lingua. Tamén asistiu no auditorio á lectura do manifesto gañador e ás actuacións de alumnado do IES O Ribeiro.
Etiquetas:
1º ESO,
andaina,
correlingua,
lingua
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)