16.5.17

HIMNO GALEGO

Na véspera do Día das Letras Galegas, o alumnado de 2º ESO e a profesora Cristina Asenjo ofreceron no Salón Rosalía de Castro unha emotiva interpretación instrumental do himno galego con frauta doce, xilófono e piano. A continuación, deleitáronnos coa interpretación vocal da composición. Lembremos que este ano se conmemora o centenario do falecemento de Eduardo Pondal, autor do poema "Os pinos". 




Ningún comentario:

Publicar un comentario