O alumnado de 2º ESO participou, un curso máis, nunha interesante proposta didáctica organizada polo Museo Provincial de Lugo, unha actividade que permite achegarse ao museo dun xeito lúdico e formativo.
Despois de ler e traballar a obra Contos do museo, participamos nas Rutas literarias polo Museo de Lugo: a ruta da pantasma, da serpe, do paxaro e do trasno, catro rutas que se basean nos relatos que compoñen o libro.
No museo, distribuímonos en catro grupos, foinos asignada cadansúa ruta e entregáronnos un pequeno cuestionario. As respostas atopábanse ben no libro, ben nas diferentes salas do museo, por iso, o grupo que mellor se organizou para responder correctamente as preguntas recibiu un agasallo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario