Tras a lectura de Chamádeme Simbad e O ceo dos afogados, Francisco Castro visitou o noso centro e compartiu a súa experiencia como escritor co alumnado de 1º e 2º ESO.
Despois de afondar na vida e obra do autor homenaxeado nas Letras e analizar a linguaxe e recursos expresivos do cómic, o alumnado de 2º ESO confeccionou un cómic sobre a figura de Valentín Paz Andrade. Aquí podedes ver unha selección dos traballos:
O EDLG fixo entrega dos premios doV Concurso literario de relato curto e poesía João de Nóvoa na xornada de acollida do alumnado de 6º de primaria que tivo lugar no día de hoxe.
Alumnado premiado na 1ª categoría (6º primaria)
Prosa: Iria Carrera Doval do CEIP de Baños de Molgas.
Poesía: Sergio Domínguez Navarro do CEIP de Maceda.
Cando a Caravana Vilamor visitou o noso centro, propuxéronnos participar no concurso "Tes que vela" colaborando na promoción da película. Desta proposta xurdiu o vídeo promocional titulado: "Tes que vela. Pesadelo non tan malo", gravado por Paula e María. Lembrade que o vídeo gañador será elixido entre os cinco máis difundidos en youtube, así que, animádevos a velo.
O videopoema é
unha creación artística que se vale dos recursos da videopoesía, linguaxe que
fusiona imaxes en movemento e textos literarios. Partindo dos poemas "O que
todo galego choraría" e "Cando ti volvas" de Valentín Paz Andrade, amosamos as propostas de
María Losada e María Blanco, compañeiras de 4º ESO.
Presentámosvos dous acrósticos adicados a Valentín Paz Andrade que foron confeccionados por compañeiras de 1º ESO. Pouco a pouco, iremos dando a coñecer máis.
Valente, sempre firme
Andando entre as letras
Lérez, onde a súa vida comeza.
Empurrado por outros
Nos poemas entrou.
Tamén cariñoso,
Intelixente,
Nos xornais colaborou.
Para organizacións traballou
Adiantado ás ideas dese tempo
Zoan as súas palabras, abanéaas o vento.
As súas palabras Nunca, xamais Deixamos marchar. Resoan entre nós As súas ideas e soños Dentro do noso corazón Eternamente estarán.
O grupo do club de lectura de 3º ESO participou nunha tertulia literaria con Xosé Neira Vilas arredor do seu libro Memorias dun neno labrego. Á tertulia, que tivo lugar na Casa da Cultura de Allariz, asistiu alumnado de Xinzo de Limia, Celanova, Allariz e Maceda.
Hoxe, o director e elenco de actores da película Vilamor presentaron o filme no noso centro. Un filme que recrea a vida dunha comuna na aldea de Vilamor nos anos 70 e que se estreará en Ourense o 17 de maio. No Salón Rosalía de Castro, tivemos a oportunidade de ver o tráiler da película e de escoitar as interesantes intervencións de cada un deles. Lembramos cales foron:
Ignacio Vilar: Como se fai unha película, proceso creativo dun filme.
Rubén Riós: "Por que estamos aquí?", experiencias previas e necesidade de poñer en valor a cultura e a lingua galega a través da sétima arte.
Xoel Yañez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas de rodaxe.
Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.
Tamén, foi presentado o concurso Tes que vela. Animádevos a participar e lembrade que temos que vela!!!
Hoxe, celebrouse en Ourense o Correlingua 2012, a carreira para reivindicar a nosa lingua, que este ano ten como lema: Galego, todo o que buscas! Os compañeiros e compañeiras de 1º ESO participamos na andaina dende a Praza Maior ata o Auditorio, onde continuou a festa. Ademais, recibimos un premio polas nosas pancartas.
Quedamos coas palabras do Manifesto gañador deste curso: "... nós buscamos persoas que estean orgullosas do idioma da súa terra, que non teñan medo a falalo..." do CPI de Pontecesures. Na páxina do Correlingua podemos consultar o manifesto completo e os premios de banda deseñada e vídeo.