O alumnado de 3º ESO entregou un cartel de sobremesa coa lenda "Aquí, en galego" nos distintos establecementos da vila de Maceda.
22.5.25
CAMPAÑA DE FOMENTO DO GALEGO NO COMERCIO LOCAL
21.5.25
AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO
Sumámonos á campaña Aquí tamén se fala galego do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste da Coruña para contribuír a espallar a nosa lingua nos establecementos da contorna.
CORRELINGUA 2025
Baixo o lema "A mocidade activa por unha lingua viva", o alumnado de 1º ESO participou nunha nova edición do Correlingua con outros centros de ensino da provincia. Alumnas e alumnos asistiron ao concerto do grupo John Deeres, percorreron diversas rúas do centro de Ourense nunha andaina a prol da lingua e remataron desfrutando con divertidos xogos.
17.5.25
LETRAS GALEGAS 2025
Partindo do traballo realizado pola Real Academia Galega, O cantar que nunca acaba, o alumnado de 1º ESO imitou o deseño orixinal. Preguntou aos seus achegados unha cantiga popular, seleccionou unha palabra da composición e realizou unha fotografía relacionada con ela.
![]() | ![]() |
![]() |
![]() |
24.3.25
SEMANA DA PRENSA
Na Semana da Prensa na escola, aproveitamos para publicar algunhas noticias confeccionadas polo alumnado de 1º ESO.
24.1.25
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN
O 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación. Este ano, o alumnado recolleu entre os seus familiares maiores testemuños da escola noutras épocas.
20.12.24
NADAL MÍTICO
O alumnado de 1º ESO felicita o Nadal cunha postal que inclúe un ser mítico galego. Velaquí unha pequena escolma.
28.11.24
G.P.A (GALEGO PARA ADOLESCENTES)
O alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu hoxe á conferencia-espectáculo de Avelino González.
Un espectáculo sobre a lingua! Para todas as idades!
Un tratado de filoloxía emotiva.
Unha sesión de psicoloxía lingüística.
Un enredo sobre a morfoloxía e a sintaxe.
Un titorial de como usar a lingua. (Oral)
31.10.24
ALFABETO DOS SERES MÍTICOS
Coa chegada do Samaín, o alumnado de 1º ESO consultou o Dicionario dos seres míticos galegos de Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda para facer unha selección e confeccionar un alfabeto. Velaquí unha pequena mostra:
24.6.24
OBRADOIRO "DESATA A LINGUA"
María Lado, poeta, actriz e xornalista, impartiu un obradoiro ao alumnado de 2º ESO no que reflexionou sobre a situación do galego na contorna familiar e social, puxo en común ideas para mellorar o uso da lingua e propuxo lemas e puntos reivindicativos para o manifesto colectivo do Correlingua 2025.
![]() |