19.6.23

CAMPAÑA DE FOMENTO DO GALEGO NO COMERCIO LOCAL II

O alumnado de 4º ESO fixo entrega de adhesivos coas lendas: "Consume na vila" e "Grazas por consumir na vila" en locais de restauración de Maceda e outras vilas da comarca. 

O RECUNCHO - PRAZA DAS TOLDAS, 15  

BAR PLAZA - PRAZA DAS TOLDAS, 1

PORTA SACRA - AURELIANO FERREIRO, 25

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO - AURELIANO FERREIRO, 69

KILÓMETRO 0 - AURELIANO FERREIRO, 90

A DILIXENCIA - RÚA FONTE DOS CANOS S/N

BAR MACEDA 2000 - AURELIANO FERREIRO, 45

O PINCHO - AURELIANO FERREIRO, 41

A SALA -  FELGA, 4

OUTRA VACA NO MILLO - AVDA DOS MILAGROS, 26

O TAPA - AVDA DOS MILAGROS, 28

CAFÉ-BAR GRAN DUQUE - ARNUÍDE, 39

CAFÉ-BAR XUVENTUDE - VILANOVA, 36 (ARNUÍDE)

CAMPAÑA DE FOMENTO DO GALEGO NO COMERCIO LOCAL I

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Mamede puxo en marcha unha nova campaña de fomento do galego no comercio local. Nesta ocasión, trátase de adhesivos para colocar nas portas de comercios e locais de restauración de Maceda e doutras vilas próximas.               
 
 
 
 
 

16.6.23

ALUMNADO PREMIADO NO CERTAME JOÃO DE NÓVOA

 
    Alumnado de 6º de Educación Primaria:

XISELA CID PROL. CEIP PLURILINGÜE DE VILAR DE BARRIO

IVÁN VÁZQUEZ CID. CEIP PLURILINGÜE DE VILAR DE BARRIO

10.5.23

CORRELINGUA 2023

Baixo lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra!", celebrouse hoxe en Ourense o Correlingua. O alumnado de 1º e 2º ESO participou nos xogos populares que se desenvolveron na Praza Maior, na camiñada pola lingua e nas actividades e actuacións que tiveron lugar no Auditorio Municipal.



 

 

23.4.23

DÍA DO LIBRO

O alumnado de 1º ESO compón poemas con títulos de libros. 

 


 


 



 



21.3.23

RECITADO POÉTICO

Para conmemorar o Día da Poesía, o alumnado de 1º ESO recita poemas do libro O meu gato é un poeta de Fran Alonso. 

 

 

17.3.23

DÍA DO CÓMIC E O TEBEO

O 17 de marzo conmemórase por primeira vez o Día do Cómic e o Tebeo. Escolleuse este día en honra ao comezo da publicación da mítica revista TBO en España. 

Despois da lectura de Presas fáciles de Miguelanxo Prado, o alumnado confeccionou unha plana dun cómic recreando unha parte da lectura realizada. Velaquí algúns exemplos:

ANDREA PÉREZ

SARA MARTÍNEZ


8.3.23

DÍA DA MULLER

   Acrósticos confeccionados por alumnado de 1º ESO para reivindicar a igualdade. 


HAIZEA, GABRIELA, PABLO
 
EVA, IRENE