17.5.21
CONTOS DE POEMAS
PASATEMPOS DAS LETRAS GALEGAS
Pasatempos creados polo alumnado de 4º ESO arredor da biografía e obra de Xela Arias.
![]() |
O ROSCO DE XELA ARIAS |
![]() |
ALGUNHAS OBRAS TRADUCIDAS POR XELA ARIAS |
![]() |
ALGÚNS AUTORES TRADUCIDOS POR XELA ARIAS |
![]() |
OBRAS DE XELA ARIAS |
![]() |
DESCOBRE UN VERSO DE XELA ARIAS |
VIDEOPOEMAS
Videocreacións a partir de poemas de Xela Arias realizadas por Eva Alonso, María Expósito e Isabel González.
5.5.21
XELA ARIAS
![]() |
Ilustración de Xela Arias, Wikipedia, CC BY-SA 4.0 |
Recursos didácticos sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021:
Letras Galegas 2021. Real Academia Galega
Especial Letras Galegas 2021: Xela Arias - Aulas Galegas
Primavera das Letras. Real Academia Galega
Xela Arias, tradutora. Sestestrelo. Portal das Palabras
Día das Letras Galegas. Seminario Galán
23.4.21
DÍA DO LIBRO
Dúas recomendacións de Alejandro Estévez e Uxía Lage para animar á lectura.
Carteis deseñados polo alumnado de 1º BAC. con citas literarias de obras de autoras e autores galegos.
INTERCAMBIO DE CARTAS
O alumnado do centro iniciou un intercambio de cartas co IES Val do Tea. Esta semana recibiron ilusionados a primeira carta e comezaron a preparar a resposta para as rapazas e rapaces de Ponteareas.
![]() |
1º ESO A |
![]() |
1º ESO B |
![]() |
4º ESO |
![]() |
4º ESO |
21.3.21
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
![]() |
1º ESO B |
A lectura e recitado dos poemas de O meu gato é un poeta de Fran Alonso inspirou a rapazada de 1º ESO. Contaxíaronse desta divertida proposta poética, comezaron a gozar da poesía e xurdiu a creatividade. Os papeis enchéronse de cor e agromaron haikus, acrósticos, caligramas, centóns, poemas en prosa... que nos lembran que "nos poemas, as palabras son máis grandes, máis ricas, máis cheas".
8.3.21
DÍA DA MULLER
24.2.21
HAIKUS
Haikus confeccionados polo alumnado de 1º ESO para conmemorar o Día da Lingua Materna e o Día de Rosalía.